Raqueta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo ou sección nos seus primeiros pasos. Este artigo ou sección relacionado co deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co deporte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A raqueta é un instrumento deportivo que consiste nun marco cun aro aberto e cunha especie de rede que o cubre.
Raqueta e bóla de squash
Colectivamente, os xogos que a utilizan se coñecen como deportes de raqueta: tenis, bádminton ou squash, por nomear algún.
A raqueta divídese en tres partes: cabeza, tronco e mango.
Partes da raqueta [editar]
- Cabeza: xeralmente de forma ovalada e con orificios no marco para o encordado. O encordado tensado forma unha rede, que é a parte coa que se golpea a pelota. Non hai diferencia entre ámbolos lados dunha raqueta.
- Tronco: é a parte que conecta a cabeza co mango.
- Mango: é a parte da raqueta por onde se agarra. Case sempre está cuberto por algún tipo de cinta para non dañar a man e permitir unha maior adhesión á raqueta. Adoita ser do gusto dos xogadores para empuñaduras máis grandes ou máis pequenas.
Historia [editar]
O marco facíase tradicionalmente de madeira e as cordas con cordóns de tripa. A madeira aínda se usa para certas variedades de xogos.