Rapa das Bestas de Sabucedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aloitadores tentando suxeitar a unha besta
Momento da rapa
Neno retirando un poldro

A Rapa das bestas é o nome do curro que cada ano se celebra en Sabucedo, no territorio do concello da Estrada durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de Xullo.

Índice

[editar] Características

Na actualidade (2010) ten máis de 600 cabalos chamadas bestas as femias e garañóns os machos, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar a súa labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. Unha pequena pero fermosa tradición dentro da grande tradición que é a Rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.

A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.

[editar] Historia

Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos. En 2007 a festa foi declarada de Interese Turístico Internacional, quedando así entre as catro que teñen este galardón en Galiza.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas