Ramon Casanellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamon Casanellas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1933 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
El Bruc, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Ramon Casanellas Lluch, nado en Barcelona en 1897 e finado no Bruc (Anoia) en 1933, foi un político e sindicalista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliado desde moi novo á Confederación Nacional do Traballo, tivo un papel moi activo nas folgas revolucionarias do 1918, polas que tivo que exiliarse para evitar represalias do Estado. Máis tarde volveu a Barcelona no 1919. Xunto con Pedro Mateu e Luis Nicolau participou no atentado contra o Presidente do Goberno Eduardo Dato e Iradier o 8 de marzo do 1921, disparándolle máis de 20 tiros desde unha motocicleta con sidecar, causándolle a morte. O atentado foi preparado coma resposta do sindicalismo barcelonés á dura represión e terrorismo branco, coñecidos como pistoleirismo, exercidos polo gobernador civil de Barcelona Martínez Anido e a patronal catalá, contra o movemento obreiro.

Aínda que os seus compañeiros foron detidos, el conseguiu fuxir e refuxiarse na URSS, desde onde escribiu unha carta exculpatoria dos seus compañeiros. Ficando na URSS, foi recrutado coma axente bolxevique e mandado a América latina para axudar na organización de movementos comunistas.

No 1931 volveu a España para reorganizar o Partido Comunista de Cataluña e máis o Partido Comunista de España, prohibido naquel intre, polo que o dirixiu desde o estranxeiro, a pesar de que fora expulsado e despois readmitido.

O 28 de xuño do 1931 foi presentado coma cabeza da candidatura do Partido Comunista de Cataluña por Barcelona, colleitando un pobre resultado. No 1932 volveu a España para participar no congreso do PCE en Sevilla, co gallo do cal se rexistraron fortes presións para que non fose obrigado a cumprir a condena imposta polo asasinato de Dato. Estas presións lograron o seu froito e Casanellas puido pasearse ceibe pola cidade.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Morreu en 1933 nun accidente de moto, cando se dirixía a Madrid na compaña de Francisco Barrio para asistir a unha reunión do partido. Existiron sospeitas de que o accidente fora un atentado, e Manuel Trueba Miramontes acusou directamente á dirección do Partido de facelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Història de la cultura catalana. Edic. 62, 1997.
  • Manuel Moreno Historia del Partit Comunista de Catalunya, 1932-1936.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]