Ramiro Prieto Cernadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamiro Prieto Cernadas
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata

Ramiro Prieto Cernadas, nado en 1893 e finado en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1940, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou na liña ferroviaria Santiago-Pontevedra, e foi recadador de cédulas do distrito de Pontevedra. Masón, membro do Centro Republicano de Santiago en 1930, asistiu a sinatura do pacto de Lestrove. Despois fíxose procurador dos tribunais e traballou co avogado Manuel María González López. Finou en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1940 aos 47 anos.[1][2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen López Llanera e foi pai de Ramiro e Ruth Prieto López.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 25-11-1940, p. 2.
  2. Necrolóxica en El Correo Gallego, 26-11-1940, p. 4.