Ramón Villares
Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006.
Índice |
Traxectoria [editar]
Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987. É autor de máis de setenta publicacións.
Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986 - 1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea, na actualidade é director en Galicia da UIMP (dende 1998).
En 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre [1].
| Predecesor: Carlos Pajares |
Reitor da Univ. de Santiago 1990 - 1994 |
Sucesor: Darío Villanueva Prieto |
Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M. Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México) e Estudios Migratorios.
| Predecesor: Alfonso Zulueta de Haz |
Presidente do Consello da Cultura Galega 2006 - |
Sucesor: no cargo |
Obra en galego [editar]
Ensaio [editar]
- Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, Xerais, Vigo, 1982.
- Galicia. A Historia, Galaxia, Vigo, 1984 (con versión en lingua española -1986, Alianza- e portuguesa).
- Parlamento de Galicia, Parlamento de Galicia, 1993.
- Desamortización e réxime de propiedade, A Nosa Terra, 1994.
- Idea da Universidade, Universidade de Santiago de Compostela, 1996.
- Figuras da nación, Xerais, Vigo, 1997.
- Historia de Galicia, Galaxia, 2004.
- Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Real Academia Galega, 2006. Discurso de ingreso e resposta de Víctor Freixanes. Edición aumentada en Galaxia, 2007.
- Clío nas ondas: De libros, persoas e sazóns, 3C3, 2007.
Obras colectivas [editar]
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, Concello de Lugo, 1986.
- Historia do mundo contemporáneo: textos escollidos (iniciación universitaria), Galaxia, 1986. Con Xosé A. Armas Castro.
- Donos de seu, Sotelo Blanco, 1988.
- Actas do Congreso Castelao, Universidade de Santiago de Compostela, 1989. Editor, con Xusto Beramendi.
- Textos e materiais para a historia de Galicia, Crítica (Barcelona), 1990.
- Historia da emigración galega a América, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1996. Con Marcelino Fernández Santiago.
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía, Xerais, 1996. Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo.
- O conflicto foral nos séculos XVII e XVIII, Xunta de Galicia, 1997. Coeditor, con X. L. Díaz-Castroverde.
- Galicia: unha luz no Atlántico, Xerais, 2001.
- Ensinar Historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos, Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Con Luís Martínez-Risco Daviña e Jurjo Torres Santomé.
- Galicia, o sorriso de Daniel, Consello da Cultura Galega, 2004. Con Miguel Anxo Seixas Seoane.
- O corazón das cidades: cascos históricos de Galicia, Lunwerg (Barcelona), 2006.
- Sigillum: memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela , 2007.
- Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega, 2007. Edición con Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro.
- A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega, 2008. Coeditor, con Xosé Luís Axeitos e Emilio Grandío.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, Difusora, 2009.
- Ramón Suárez Picallo: a voz esquecida do galeguismo, Comisión Irmáns Suárez Picallo, 2009.
- Fermín Penzol: unha obra para un país, Galaxia, 2010.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, Galaxia, 2011.
- Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, Fundación Luis Seoane, 2011.
- Promenade ... polo futuro presente: Cidade da Cultura de Galicia, Xunta de Galicia, 2011.
Obra en castelán [editar]
Ensaio [editar]
- Evolución de las estructuras agrarias de la provincia de Lugo, 1750-1936: propiedad y rentas de la tierra, Universidade de Santiago de Compostela, 1980.
- La propiedad de la tierra en Galicia 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982.
- Anexo estadístico de la propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Universidade de Santiago de Compostela, 1982.
- El indiano gallego: mito y realidad de sus remesas de dinero, 1984.
Obras colectivas [editar]
- Historia de Galicia, Alhambra, Madrid, 1981.
- Señores y campesinos en la Península Ibérica, siglos XVIII-XX, Editorial Critica/Consello da Cultura Galega, Barcelona, 1991. En colaboración con Pegerto Saavedra.
- La historia en el 94, Marcial Pons (Madrid), 1995.
- Imagen e historia, Marcial Pons (Madrid), 1996.
- Nobleza y sociedad (III). Las noblezas españolas, reinos y señoríos en la Edad Moderna, Fundación Banco Santander Central Hispano, Madrid, 1999.
- Año mil, año dos mil: dos milenios en la Historia de España (Congreso internacional), Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, Madrid, 2001.
- El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001. En colaboración con Ángel Bahamonde.
- Historia de España. 12 volumes, Crítica (Barcelona), 2007. Director da edición, con Josep Fontana.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial de Ramón Villares.
- C.V. de Ramón Villares na páxina do Consello da Cultura Galega.
- Ficha do autor na AELG
- Entrevista en El País, 1-XII-2006, "Galicia é nación porque creou unha cultura".
- Ramón Villares na mediateca do Consello da Cultura Galega