Ramón Villar Ulloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Villar Ulloa
Nacemento5 de maio de 1828
Lugar de nacementoLalín
Falecemento4 de abril de 1913
Lugar de falecementoLalín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Ramón María Villar Ulloa, nado en Lalín o 5 de maio de 1828 e finado o 4 de abril de 1913, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Villar e Manuela Ulloa Pimentel, era sobriño e foi o herdeiro de José Ulloa Pimentel. Estudou xurisprudencia e dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1842-1854). Foi alcalde de Lalín (1857), deputado provincial e foi elixido deputado a Cortes en 1867. Foi padriño de Ramón María Aller Ulloa. Despois da Desamortización comprou algunhas posesións do Mosteiro de Oseira, onde viviu e foi soterrado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]