Ramón Varela Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Varela Fernández
Biografía
Morte22 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Varela Fernández, finado en Ourense o 22 de novembro de 1951, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Ourense de 1917 a 1918. Na Segunda República presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 na candidatura de Centro pola provincia de Ourense que encabezaba Basilio Álvarez.[1] Foi presidente do Liceo Recreo Orensano. Foi decano do Colexio de Avogados de Ourense e secretario da persidencia da Inspección provincial de Mutilados de Guerra por la Patria. Finou en Ourense o 22 de novembro de 1951.[2]


Predecesor:
José Pereira Rodríguez
 
Alcalde de Ourense
 
1917 - 1918
Sucesor:
Juan Antonio Saco y Arce

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1925 con Amalia Taboada Tundidor, irmá de Carlos e Antonio Taboada Tundidor,[3] e foi pai de Amalia, Josefa e Ramón Varela Taboada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 16-2-1936, p. 16
  2. La Región, 23-11-1951, p. 2, 3.
  3. La Zarpa, 17-6-1925, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]