Ramón Pasarón Lastra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Pasarón Lastra, nado en Castropol o 2 de setembro de 1808 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1876, foi un xurista e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo (1850-1852), polo de Lugo (1854-1856) e polo de Pastrana (Guadalajara) (1871-1873). Foi intendente xeral de Cuba (1854-1856), gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso.
Obras [editar]
- Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias, 1853.
- Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853, 1853.
- La Isla de Cuba considerada económicamente, 1858.