Ramón Pérez Cabaleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Pérez Cabaleiro
Biografía
NacementoGalicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Pérez Cabaleiro, finado o 1 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1930 foi elixido presidente da Sociedad Liceo Casino do Porriño e en 1931 era o presidente da Federación de Trabajadores do Porriño. Presidente da Federación Agraria Municipal. Representando á Federación Agraria participou na reunión do 27 de xaneiro de 1936 de constitución do Comité de Izquierdas da Frente Popular. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro foi nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente alcalde do concello o 10 de marzo.[1] Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado o 1 de setembro con José Cordal Yáñez e Severo Boente. O seu cadáver apareceu na estrada de Salceda de Caselas-O Porriño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 15-3-1936, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]