Ramón Maseda Reinante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Maseda Reinante

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1880 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Maseda Reinante, nado en Ribadeo o 29 de abril de 1880 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oficial do Ministerio de Mariña. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña, secretario da Liga Española de los Derechos del Hombre e presidente do Centro Cultural Sociedad Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Foi promotor do grupo de vivendas unifamiliares do Campo Volante da Coruña.[1]

En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo, ingresou na prisión provincial onde estivo incomunicado. Sometido a consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Joaquín Martín Martínez e Francisco Mazariegos Martínez.[2][1]

Monumento a Ramón Maseda Reinante no Campo de Marte da Coruña.

Dende 2003, unha rúa de Culleredo leva o seu nome.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 
  2. La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.
  3. "Culleredo amplía su callejero con veinte nombres…" Arquivado 23/09/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 1/5/2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. p. 356. ISBN 978-84-95773-26-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]