Ramón Margalef

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Margalef
Datos persoais
Nacemento 16 de maio de 1919
Lugar Barcelona
Falecemento 23 de maio de 2004
Lugar Barcelona
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia España España
Nacionalidade Español
Etnia
Cóncuxe María Mir
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Limnoloxía, Ecoloxía, Oceanografía
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Florencio Bustinza
Alumnos tese Francisco G. Figueiras, (o único galego dos 38 doutorandos)
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Huntsman, Premio Naumann-Thienemann de Limnoloxía, Premio Ramón y Cajal, Premio Creu de Sant Jordi, Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Ramon Margalef i López, nado en Barcelona no 1919 e finado no 2004, foi un biólogo catalán, profesor emérito da Universidade de Barcelona, que destaca polos seus traballos nos campos da limnoloxía, oceanografía e ecoloxía[1]. Margalef foi un dos científicos españois máis destacados en toda a historia[2][3][4]. Traballou no Instituto de Bioloxía Aplicada (1946–1951) e no Instituto de Investigacións Pesqueiras, que dirixiu dende o ano 1966 ata o 1967. Creou o primeiro Departamento de Ecoloxía do estado, na Universidade de Barcelona, e en 1967 converteuse no primeiro profesor de ecoloxía de España.

O seu máis importante traballo foi a aplicación da Teoría da información nos estudos ecolóxicos e a creación de modelos matemáticos para o estudo de poboacións. Entre as súas obras bibliográficas destacan: Comunidades naturais (1962), Perspectivas na teoría ecolóxica, Ecoloxía (1974), A biosfera (1980), Limnoloxía (1983) e A teoría dos sistemas ecolóxicos (1991). Mais, a súa obra Sobre dalgúns principios da teoría ecolóxica (1963) é considera unha das dez principais publicacións da bioloxía do século XX[5].

Chegou a ser membro de numerosas sociedades científicas e recibiu multitude de premios científicos, como foron a primeira edición dos Premios A.G Huntsman para a Excelencia nas Ciencias Mariñas, a Medalla de Naumann-Thienemann outorgada pola Sociedade Limnolóxica Internacional, os Premios Ramón y Cajal do Estado Español e da medalla de ouro pola Generalitat Catalana.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nace o 16 de maio do 1919 na cidade de Barcelona. De cativo Margalef gustaba de visitar os parques naturais de Barcelona e axudarlle ao seu pai en xardinería con orquídeas, que as coleccionaba, e de pasar horas observando insectos e disecándoos. Na escola dicíase que era un estudante distraído e que nas clases pensaba nas coleccións que faría nos xardíns aquel día; pero el, a conto diso, mesmo escribiu sobre "do tempo perdido na escola e outras trapalladas"[5]. Con todo aprendeu a escribir correctamente en castelá e incluso en catalán, intuíndoo por lecturas de revistas como a de El Patufet. A naquela hora preocupación de seu pai por Ramon, o cal desexaba que acabara como banqueiro ou clérigo, fixo que o levara a unha escola de traballo. Mais Margalef dicía non aprender moito con eses estudos. El seguiu o seu interese pola historia natural e a bioloxía, moi especialmente a dos sistemas mariños, e comezou a describir e debuxar especies[6]. O seu pai, con iso, fixo que o instruíse un profesor propio para o estudou de francés, alemán e matemáticas. Aprender esas linguas deulle pé a Margalef a entusiasmarse aínda máis nos seus intereses pois, grazas a iso, puido ler traballos de naturalistas alemáns e franceses que tiñan feito estudos de fauna e flora en Cataluña.

A guerra civil estourou sendo el un adolescente de 17 anos pero non quixo involucrarse na guerra e creou unha Societat Catalana d’Estudis Biològics ficticia na que prepararía revistas de publicacións, mais que nunca chegaron a publicar. Tivo que interromper no 1938, con 18 anos, os seus estudos para ser recrutado para a milicia do exército republicano. Alí encargaríase primeiro da escritura tipográfica e logo entraría na gran fronte de batalla do Ebro. Enfermidades de Margalef fixeron que saíra da guerra antes de acabada e volvese a Barcelona. Mais os anos de rigor na milicia ampliaríanse por ser chamado polo novo exercito da ditadura. Pola chegada ao sesenta anos de seu pai cesaría provisionalmente no exercito. Os problemas de cartos levaron a que se puxera a traballar nunha compañía de aseguradoras mentres, e de xeito autodidáctico e complementándoo con lecturas de moitos campos, continuou cos seus estudos de historia natural. Volveu a poñerse en contacto con científicos e sociedades científicas e a realizar as súas saídas de campo. Construíu o seu propio microscopio con pezas de morralla para comezar a visualizar microorganismos acuáticos. Destacados científicos incentivaron a Margalef para que obtivera un título universitario, mais iso tería que esperar xa que foi chamado no 1941 para un posto en Mallorca na artillería do exército da ditadura franquista. E aínda así alí buscaría tempo para o estudo de plancto mariño, que acabarían en publicacións. No 1943, trala morte de súa nai e sen poder ir á súa vela, volveu do exercito. Nese ano fixo as súas primeiras tres publicacións científicas oficiais, onde aparecería o termo "ecoloxía".

A súa falta de bacharelato, e apoiado polos seus mentores universitarios, fixo que o retomara e o obtivera. No 1944 os seus mentores axudaríanlle a obter unha posición no Instituto de Bioloxía Aplicada en Barcelona co doutor Francisco García del Cid. Mentres Margalef estudaba, o seu doutor García del Cid foi nomeado polo CSIC para formar un instituto de investigacións pesqueiras; o cal sería parte importante do Instituto de Bioloxía Aplicada[7].

Margalef continuou os estudos universitarios, e malia non acudir a clases case nunca, obtén a súa licenciatura no ano 1949, con mesmo matrículas de honra. Durante os seus estudos coñecería a súa noiva, á bióloga Maria Mir. Ela, rematados os estudos volveu para a súa terra, Mallorca, e el visitaría frecuentemente.

Margalef iniciou a súa tese de doutorando sobre de A temperatura e morfoloxía dos seres vivos, para a que traballaría con algas verdes. O seu doutor oficial foi Dr. Florencio Bustinza da Universidade de Madrid, e a daquela única no estado que podía emitir certificacións de grado de doutor. O seu doutor seríalle de pouca utilidade co que o seu doutorado o realizou só, con axudas esporádicas de profesores de Barcelona. No 1951 defendeu a súa tese, que versaba sobre a que foi sempre a súa liña de interese[5][8].

En 1952 García del Cid ofrécelle a Margalef unha praza no recen fundado Instituto de Investigacións Pesqueiras (IIP) de Barcelona[7]. No 4 de xullo dese ano casa con María Mir e un ano despois terá a súa primeira filla, Neus. En pouco tempo terían os seus outros tres fillos: Núria, Ramon e Bartomeu.

Con Margalef, o Instituto de Investigacións Pesqueiras convértese nunha institución oceanográfica completa, que baixo a tutela de García del Cid, funda os laboratorios de Castellón, Vigo e Cádiz[9][10]. Especialmente en Castellón e Vigo[11], Margalef pasou moito tempo, meses, neles realizando monitorizacións de plancto costeiro e series temporais. Alí adicoulle tempo á formación de novos investigadores. Existía unha escaseza de recursos para o instituto mais Margalef fixo que houbera a nova entrada do Instituto de Investigacións Pesqueiras nunha nunha época grazas ás súas novas liñas de investigacións. Por contactos de García del Cid, Margalef coñeceu a Sidney Galler, un talento da Oficina Americana de Investigacións Navais. Grazas a iso Margalef dispuxo do Servizo de Transportes do Soporte da Milicia dos Estados Unidos para calquera viaxe que quixese. Visitou para intereses do laboratorio e congresos internacionais Italia, Suíza, Bélxica, Canadá e o Reino Unido, Venezuela, Porto Rico, Francia, Alemaña e Estados Unidos, entre outros lugares. Mesmo naquela hora a Margalef se lle ofreceron construcións para as súas investigacións. Algúns comentan que tiña "un cheque en branco" para calquera dispositivo ou recurso que quixera. Mesmo a Margalef se lle ofreceu a oportunidade de mudarse aos Estados Unidos. O seu interese por deixar atrás a pos-guerra e a súa conciencia da "afundida sociedade" con respecto á ciencia fixo que lle interesase, pero que finalmente desbotou pola preferencia da súa muller de vivir achegada á súa terra de orixe, Mallorca[5][8].

Margalef, grazas aos contactos internacionais, pasou a participar numerosas en expedicións navais no Mediterraneo occidental e a costa oeste Africana, polo apoio económico da FAO, UNESCO e da OTAN.

Margalef estivo no Instituto de Investigacións Pesqueiras, do CSIC, entre o 1951 e o 1975. Trala morte no 1965 de García del Cid, Marfalef foi proposto como novo director do IIP, cargo que aceptaría e ocupou dende o 1966 ata o 1967. Ese cargo abandonaríao coa intención de seguir completamente en liñas de investigación[5].

No ano 1967 convértese no primeiro catedrático de Ecoloxía de España na Universidade de Barcelona, onde creará o Departamento de Ecoloxía. Nese novo departamento formou e doutorou a un destacado número de ecólogos, limnólogos e oceanógrafos. No 1986 retírase de profesor e no 1987 é nomeado pola Universidade de Barcelona como profesor emérito, un posto que ocuparía ata o ano 1992[5].

Ramon Margalef morre en Barcelona un 23 de maio do 2004. Tan só unha semana despois, a súa muller María Mir.

Traballo de investigación[editar | editar a fonte]

Margalef deduciu que a evolución natural dos lagos cando se detén a entrada de materia orgánica é de pasar de ser un sistemas acuáticos eutróficos un sistemas oligotróficos[12]. A dinámica de polución dos ríos explicouna como un equivalente a unha sucesión espacial[13].

Margalef condiderou a sucesión anual do fitoplancto como unha microsucesión. Propuxo que as diferentes combinacións de concentración e niveis de turbulencia seleccionaban o fitoplancto en función das súas características especie-específicas e estratexias de supervivienvia. Baseándose nese concepto, dunha competición asentada sobre da competición por recursos, propuxo que, por mor da alta capacidade de asimilación de nutrintes das diatomeas, ante un aumento da turbulencia oceánica, como cando se producen pulsos de nutrintes, potencialmente faría que estas, as diatomeas, aumentase o seu éxito ecolóxico e, pola contra, diminuise o do plancto con baixas taxas de crecemento. Con isto, os tipos na comunidade de fitoplancto serían unha adapatación das especies ao dobre gradiente de concentración de nutrintes e da enerxía cinética da turbulencia e no que a turbulencia marca o reinicio da sucesión[14]. Esa idea é a denominada Modelo de Margalef. O mandala implica que os altos niveis de turbulencia e os aportes masivos ou intermitentes de nutrintes favorecen ás poboacións de fitoplancto de gran tamaño, fundamentalmente as diatomeas por teren taxas de asimilación de nutrintes máximas e unha alta capacidade de acumulación en vacúolo. Pola contra, as especies motiles e esas con menos afinidade polos nutrintes, como os dinoflaxelados e os cocolitofóridos, dominan as comunidades fitoplanctónicas en augas probres en nuntrintes e sistemas estratificados, onde os nutrintes entran no sistema a taxas constantes[14].

As sucesións ecolóxicas nos medios acuáticos explicounas como variacións na transferencia de enerxía dende estadíos, menos maduros e con posibles perdas, a estadíos máis maduros e eficientes no almacenamento da enerxía. Ese fluxo de enerxía sería unha transferencia das comunidades menos maduras da superficie fótica ata as comunidade bentónicas, máis maduras. Margalef consideraba a sucesión como un proceso de auto-organización que supón unha diminución gradual da entropía paralela á minguar a influencia do ambiente e ao progresivo aumento das interacións bióticas[15].

Margalef centrouse na teoría da información e propuxo que a cantidade de información, viva e inanimada, incrementa durante a sucesión ecolóxica. Con información refírese a enerxía, biomasa ou estrutura que é transferida dende estadíos inciais da sucesión á estadios posteriores por medio dun proceso que denominou explotación. As fases tardías son máis resistentes á perturbación grazas ao fluxo ou transferencia de enerxía[16]. Facendo uso da teoría da información abordou unha das súas preguntas teóricas clásicas na liña de definición da biosfera: o porqué esta é discontínua, fragmentada, en multiples organismos[8].

Margalef relacionou os cambios evolutivos coa sucesión propoñendo que a evolución implica unha redución no conciente entre a produción e a biomasa, o incremento da eficiencia dos ciclos de nutrintes e o aumento da especialización dun individuo no seu ambiente[16].

Estudos na Ría de Vigo[editar | editar a fonte]

Margalef publicou unha ampla cantidade de estudos da Ría de Vigo (doce publicacións na década do 1950) e nas que describe desde a composición e variacións nas poboacións de fitoplancto e rotíferos, a dinámica poboacional e sucecións, a pesquería e a sedimentación, ata á limnoloxía e paleontoloxía da ría[17][18][19][20][21][22][23][24][25][26][27][28][29][30]. Nos máis relevantes descríbese a composición taxonómica do fitoplancto da ría e o seu ciclo anual, e sobre dos que asenta a relación entre a turbulencia e a composición taxonómica [31][32] . No verán do ano 1953 a visita de Margalef á ría, para estudos nesta, coincidiu cunha marea vermella. A súa descrición dese fenómeno nun artigo do 1956, o daquela coñecido vulgarmente como purga do mar, foi a primeira obra de investigación sobre das mareas vermellas[33][34].

Margalef deu relatorios sobre dos mecanismos das mareas vermellas na Ría de Vigo en Los Angeles e no laboratorio de xeocronoloxía de Yale sobre da sedimentación en Vigo.

Obra[editar | editar a fonte]

Margalef deixou un enorme legado de literatura científica que se compón de máis de 400 artigos publicados e 20 libros científicos[5].

As súas principais obras son:

  • Margalef R. 1960. Ideas for a synthetic approach to the ecology of running waters. Int. Rev. ges. Hydrobiol. , 45: 133 - 153.
  • Margalef R. 1962. Comunidades naturales. Instituto de Biología Marina de la Universidad de Puerto Rico. Mayagüez.
  • Margalef R. 1963. On certain unifying pinciples in ecology. American Naturalist, 97: 357 - 374.
  • Margalef R. 1968. Perspectives in ecological theory. University of Chicago Press. Chicago, Ill. 111 p.
  • Margalef R. 1974. Ecología. Ed. Omega. Barcelona.
  • Margalef R., Planas M.D., Armengol J., Vidal A., Prat N., Guisset A., Toja J., Estrada M. 1976. Limnologia de los embalses españoles. Ministerio de Obras Públicas. Madrid.
  • Margalef R. 1978. Life-forms of phytoplankton as survival alternatives in an unstable environment. Oceanologica Acla , 1(4):493-509
  • Margalef R. 1980. La Biosfera, entre la termodinámica y el juego. Ed. Omega, Barcelona.
  • Margalef R. 1983. Limnología. Ed.Omega, Barcelona.
  • Margalef R. 1986. L'ecologia. Ed.Omega. Barcelona.
  • Margalef R. 1992. Planeta azul, planeta verde. Planeta azul: Planeta verde . Biblioteca Scientific American, Prensa Científica, S.A.. Barcelona.
  • Margalef R. 1994. The place of epicontionental waters in global ecology. Limnology Now, a paradigm of planetary problem . R. Margalef Ed. Elsevier, Amsterdam, páx 1-8.
  • Margalef R. 1996. Una ecologia renovada a la medida de nuestros problemas. Fundación César Manrique, Lanzarote.
  • Margalef R. 1997. Our Biosphere. Ecology Institute, D-21385 Oldendorf/Luhe, Alemaña.

Premios[editar | editar a fonte]

A Margalef concedéronselle na súa honra multidude de premios pola súa investigación científica e involucración en educación. Outorgóuselle a:

  • Medalla Príncipe Alberto I, do Instituto Oceanográfico de París (1972)
  • A. G. Huntsman Award, do Institut océanographique de Bedford (Canada, 1980)
  • Medalla de Narcís Monturiol do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña para Ciencia de Tecnoloxía (1983)
  • Premio Santiago Ramón y Cajal, do Ministerio de España de Educación e Ciencia (1984)
  • Medalla Naumann-Thienemann, da Asociación Internacional de Limnoloxía Aplicada (Societas Internationalis Limnologiae, SIL) (1989)
  • Premio Italgas para Ciencias Ambientais (Italia, 1989)
  • Premio de Investigación da Fundación Catalana de la recherch (1990)
  • Orden Civil de Afonso X o Sabio (España, 1990)
  • Premio Humboldt de la Fondation Alexander von Humboldt (Alemania, 1990)
  • Premio Internacional de San Francesco d’Assisi para o Medio Ambiente (Italia, 1993)
  • Premio do Instituto Internacional de Ecoloxía, do Instituto de Ecoloxía (Alemaña, 1997)
  • Premio da Cruz de Sant Jordi do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña (1997)
  • Enxeñeiro forestal honorífico da Universidade Politécnica de Madrid (1998)
  • Premio Rainiero III de Monaco (1998)
  • Premio polos méritos conseguidos en vida pola ASLO (2000)
  • Premio da medalla de ouro do Consello Superior de Investigacións Cientificas de España (CSIC) (2002)
  • Premio da medalla de ouro do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña (2003)
  • Premio Nacional para as Ciencias Ambientais do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña (2004, póstumo).

Doutorandos[editar | editar a fonte]

Ramon Margalef coordinou os seguintes doutoramentos[35]:

  • 1971. Dolors Blasco. Acumulación de nitritos en deterrninados niveles marinos por acclón del fitoplancton.
  • 1972. M. Dolors Planas. Composición. ciclo y productividad del fitoplancton del lago de Banyoles .
  • 1973. Joandomenec Ros. Opistobranquios (Gastropoda: Euthvneura) del litoral Ibérico: Estudio faunístico y ecológico.
  • 1974. M. Rosa Miracle. Estructura y dinámica de las poblaciones de la comunidad zooplanctónica del lago de Banyoles.
  • 1976. Antonio Cruzado. Afloramiento costero en el Atlántico noronental. Análisis del ecosistema en sus aspectos de hidrografía y producción primaria.
  • 1976. Marta Estrada. Estudios sobre las poblaciones de organismos acuáticos en medio no uniforme.
  • 1976. Felipe Fernández. Influencia de la luz, temperatura y materia orgánica particulada en la actividad metabólica y en la alimentación de los copépodos planctónicos.
  • 1976. F. Xavier Niell. Estudios sobre la estructura. dinámica y producción del fitobentos intermareal (facies rocosa) de la Ría de Vigo.
  • 1976. Julia Toja. Estudio limnológico comparado de dos embalses con distinto grado de eutrofia (Aracena y La Minilla).
  • 1976. Ferran Vallespinós. Estudio comparado del metabolismo del nitrógeno en bacterias y cianofíceas: relaciones con el ciclo del carbono e importancia ecológica.
  • 1977. Miquel Alcaraz. Ecología. competencia y segregación en especies de copépodos (Acartia).
  • 1977. Joan Armengol. Los crustáceos planctónicos en los embalses españoles.
  • 1978. Narcís Prat. Ecología y sistemática de los Quironómidos (Insecta Diptera) de los embalses españoles.
  • 1979. Francesc Amat. Diferenciación y distnbución de las poblaciones de Artemia (Crustacea. Branchiopoda) de España.
  • 1980. Jordi Flos. Matenal en suspensió oceanic i la seva distribució en el Mediterrani Occidental.
  • 1981. Francisco A. Comín. Limnología de las lagunas costeras del delta del Ebro: caracteristicas físico químicas y fitoplancton de la Encañizada.
  • 1981. Tecla Riera. Variabilitat morfologica de Tropocyclops i Temora: Aproximació crítica a l ús generalitzat de la biometria en la taxonomia dels copepodes.
  • 1983. Carlos A. Gracia. La clorofila en los encinares del Montseny: Interpretación como una optimización del aprovechamiento de la luz.
  • 1983. M. Pilar López. Aguas salinas epicontinentales próximas a la costa mediterránea española: estudio del medio.
  • 1984. Enric Ballesteros. Els vegetals i la zonació litoral: especies i factors que influeixen en la seva distnbució.
  • 1985. Miguel Alonso. Las lagunas de la España peninsular: taxonomía, ecología y distribución de los cladóceros.
  • 1985. Francisco Gómez. Ecología del fitoplancton de la Ría de Pontevedra.
  • 1985. Josep Peñuelas. Bnofits i fanerogames com a invasors de les aigues dolces: distribució, pigments. fonts de carboni ¡ I'obstacle dels espais aens.
  • 1985. Javier Romero. Estudio ecológico de las fanerógamas marinas de la costa catalana: producción primaria de Posldonia oceanica (L.) Delile en las Islas Medes.
  • 1985. Luís Zúñiga. Ecología de los entomostráceos planctónicos de los lagos nord patagónicos.
  • 1986. Celia Marrasé. Experimentos multifactoriales con plancton marino en microcosmos.
  • 1987. Jordi Catalan. Limnologia de l'estany Redó (Pirineu Central). El sistema pelagic d'un llac profund d'alta muntanya.
  • 1987. Ricardo Génova. Análisis y significado de los anillos de crecimiento en dos especies forestales: Pinus uncmata y Pinus silvestns en la Península Ibénca.
  • 1987. Emilia Gutiérrez. Dendrocronología de Fagus silvatica, Pinus uncinata y P. silvestris en Catalunva.
  • 1987. Serg; Sabater. Estudi de les poblacions d'algues del riu Ter.
  • 1988. Xavier Tomas. Diatomeas de las aguas epicontinentales saladas del litoral mediterráneo de la Península Ibérica.
  • 1988. Ricardo Iglesias. Diversidad taxonómica y ataxonómica en poblaciones de insectos: un ejemplo del ecosistema restinga.
  • 1988. Antoni Palau. El embalse de Baserca (Pirineos centrales, Lérida). Estudio limnológico de un embalse nuevo de alta montaña con bombeo.
  • 1989. Olga Delgado. Sistema carbónico-carbonatos en el Mediterraneo noroccidental y relación con las pnncipales comunidades fitobentónicas productoras de carbonatos.
  • 1990. Agustín Lobo. Estudios sobre la organización espacial del bentos marino. Una aproximación a través del análisis de imagen digital y de la modelización.
  • 1990. M. José Gil. Estudios sobre ácaros de aguas continentales españolas.
  • 1994. Jordi Camp i Sancho. Aproximaciones a la dinámica ecológica de una bahía estuárica mediterránea.
  • 2001. Luïsa Cros. Planktonic coccolithophores of the NW Mediterranean.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramon Margalet. Generalitat de Catalunya
  2. Ros, J.D. (2004) In memory of Ramon Margalef (1919-2004). International Microbiology 7: 229-232
  3. Armengol, J. (2005) Ramon Margalef (1919-2004): teacher and researcher. Limnetica 25: i-ii
  4. Herrera, C. M. (2005) Resolution of respect. Ramón Margalef (1919-2004). Bulletin of the Ecological Society of America 86: 8-11
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Ros i Aragonès. Ramón Margalef: biografy and bibliography. Contributions to science. 3 (2): 297–317 (2006) Institut d’Estudis Catalans, Barcelona DOI: 10.2436/20.7010.01.10
  6. Francesc Peters. Ramon Margalef, The Curiosity driven life of a self-taugh naturalist. Institut de Ciències del Mar, CMIMA (CSIC), Barcelona, Catalunya, Spain
  7. 7,0 7,1 Hitoria do Institut de Ciències del Mar
  8. 8,0 8,1 8,2 Xavier Mayor. Not only an ecologist of global importance, but also a man of knowledge. Universal Catalans
  9. Historia do Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía (ICMAN)
  10. [ http://iim.csic.es/es/historia Historia do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo]
  11. Historia do Instituto de Ciencias Mariñas de Vigo.
  12. Joan Armengo. Ramon Margalef (1919-2004): teacher and researcher. Dept. Ecology. Univ. Barcelona
  13. R. Margalef. Ideas for a synthetic approach to the ecology of running waters. Int. Rev. ges. Hydrobiol. , 45: 133 - 153.
  14. 14,0 14,1 R. Margalef. Life-forms of phytoplankton as survival alternatives in an unstable environment. Oceanologica Acta (0399-1784) (Gauthier-Villars), 1978 , Vol. 1 , N. 4 , P. 493-509
  15. Margalef R. 1968. Perspectives in ecological theory. University of Chicago Press. 111 pp
  16. 16,0 16,1 L.R. 2005. Margalef y la sucesión ecológica . Ecosistemas. 2005
  17. M. Durán, R. Margalef. Microplancton de Vigo, de octubre de 1951 a septiembre de 1952. P. Inst. Biol. Apl., 13: 5-78. 1953.
  18. R. Margalef. Estudio sumario del fitoplancton de la Ría de Vigo (1948-1950). Bol. Inst. Esp. Oceanogr., 47: 1-15. 1953.
  19. M. Durán, R. Margalef. Métodos de trabajo en el mar, práctica del laboratorio de Vigo. Reunión sobre productividad y pesquerías, I, 32. 1954.
  20. R. Margalef. M. Durán e F. Saiz. El fitoplancton de la Ría de Vigo, de enero de 1953 a marzo de 1954. Inv Pes. Tomo II. páx 85-129. 1955.
  21. R. Margalef. Métodos de trabajo en el mar, laboratorio de Vigo. 15 pp. 1955.
  22. M. Durán, F. Saiz, M. López-Benito, R. Margalef. El fitoplancton de la ría de Vigo, de abril de 1954 a junio de 1955. Inv. Pes. Tomo IV. páx 67-95. 1956.
  23. R. Margalef. Rotíferos marinos del plancton de la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 4: 133-1. 1956.
  24. R. Margalef. Paleoecología postglacial de la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 5: 89-112. 1956.
  25. R. Margalef. Estructura y dinámica de la "purga de mar" en la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 5: 113-134. 1956.
  26. R. Margalef, B. Andreu. Componente vertical de los movimientos del agua en la Ria de Vigo y su posible relación con la entrada de la sardina. Inv. Pesq. , 11:105-126. 1958.
  27. R. Margalef. La sedimentación orgánica y la vida en los fondos fangosos de la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 11: 67-100. 1958.
  28. R. Margalef. Nuevos datos para el estudio de la historia de la Ría de Vigo, desde la última glaciación. Mem. Real Acad. Ciencias Artes Barcelona,33: 23-35. 1959.
  29. R. Margalef. Reset successions and suspected chaos in models of marine populations. Int. Symp. Iong-term changes marine fish popul. (Vigo, 1986): 321-3 ~3. 1989.
  30. R. Margalef. Red Tides and ciguatera as successful ways in the evolution and survival of an admirable old phylum. En B. Reguera, J.Blanco, M-L.Fernandez y T.Wyatt (ed). Harmful Algae , Proceedings of the VIII International Conference on Harmful Alagae Vigo, Spain 25-29 June 1997. Xunta de Galicia Integovernmental Oceanographic Comission of Unesco. 1997.
  31. M. Margalef. M. Durán e F. Saiz. El fitoplancton de la Ría de Vigo, de enero de 1953 a marzo de 1954. Inv Pes. Tomo II. páx 85-129. 1955.
  32. M. Durán, F. Saiz, M. López-Benito, R. Margalef. El fitoplancton de la ría de Vigo, de abril de 1954 a junio de 1955. Inv. Pes. Tomo IV. páx 67-95. 1958.
  33. M. Margalef. Estructura y dinámica de la "purga de mar" en la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 5: 113-134. 1956.
  34. Antonio Figueras, Profesor de Investigación do CSIC en Vigo, sobre de Ramon Margalef.
  35. Listado de todas as teses dirixidas por R. Marfalef. Gencat