Ramón Lafuente Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Lafuente Rodríguez
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata (116/117 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Ramón Lafuente Rodríguez, coñecido como "Alemán", nado en Ourense cara 1907, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante comunista, organizou as sociedades agrarias da contorna ourensá. Nas eleccións de novembro de 1933 foi detido en Ourense por coaccións.[1] En 1936 era presidente da Casa do Pobo de Ourense e secretario do Comité da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou unha partida de resistentes nos montes do concello de Canedo. Logrou fuxir da represión e foi xulgado en rebeldía. En 1937 apareceu en Portugal dirixindo un grupo guerrilleiro con base en Cambedo. Estivo agochado no monte nos arredores de Chantada e recibiu axuda de Luís Soto para pasar a Portugal.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades poíticas en 1941.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia, 22-11-1933, p. 2.
  2. Cuz, Bento da (2003). Guerrilheiros antifranquistas em Trás-os-Montes. Montalegre: Barrosana Em. p. 51. 
  3. BOE, 9-12-1941, p. 4552.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bazal, Luis; Dasairas Valsa, Xerardo (ed.) (2007). Memoria e fuga dun mestre anarquista galego. Vigo: A Nosa Terra. p. 176. ISBN 978-84-8341-199-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]