Ramón Díaz Freijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Díaz Freijo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1848 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1924 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Díaz Freijo, nado en Viveiro en 1848 e finado na mesma vila o 22 de maio de 1924, foi un médico, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou estudos relixiosos, pero abandonounos para dedicarse á medicina. Activista revolucionario nos seus tempos mozos. Foi presidente do Comité Republicano de Viveiro, patrón do Colexio Insigne e director de Sanidade do Porto de Viveiro. Dirixiu o semanario El Vivariense na súa segunda etapa. Foi concelleiro de Viveiro.

Coñecido como "Pai dos pobres", pois atendía aos enfermos gratuitamente e, en ocasións, contribuía á compra de medicamentos e alimentos. Cos seus bens constituíuse en 1931 a Fundación Ramón Díaz Freijo onde atendían a doce pobres durante os meses de inverno. Os seus amigos erixiron un monumento na súa memoria en 1934.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). Deputación Provincial, ed. A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo. pp. 261–262. ISBN 84-8192-110-6.