Ragged Glory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ragged Glory
Álbum de Neil Young e Crazy Horse
Publicado10 de setembro de 1990
Gravaciónabril de 1990
Estudio(s)Plywood Digital, Woodside, California
Duración62:43
Xénero(s)rock, hard rock
Selo(s)Reprise Records
Producido porNeil Young e David Briggs
Cronoloxía
Freedom Ragged Glory Harvest Moon

Ragged Glory é un álbum de Neil Young e Crazy Horse editado o 10 de setembro de 1990 a través do selo Reprise Records.

O álbum regresa ao estilo hard rock previamente explorado en Everybody Knows This Is Nowhere e Zuma. Os dous primeiros temas son cancións de que Young e Crazy Horse compuxeron e interpretaron en directo orixinalmente nos anos 70. "Farmer John" é unha versión dunha canción dos anos 60, composta polo dúo de R&B Don and Dewey e tamén interpretada pola banda de garage rock The Premiers. Young revelou que a canción "Days that Used to Be" está inspirada no tema de Bob Dylan "My Back Pages". "F*!#in' Up" é versionada frecuentemente por Pearl Jam ao vivo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Neil Young agás onde se indique.

  1. "Country Home" – 7:05
  2. "White Line" – 2:57
  3. "F*!#in' Up" – 5:54
  4. "Over and Over" – 8:28
  5. "Love to Burn" – 10:00
  6. "Farmer John" (Don Harris, Dewey Terry) – 4:14
  7. "Mansion on the Hill" – 4:48
  8. "Days That Used to Be" – 3:42
  9. "Love and Only Love" – 10:18
  10. "Mother Earth (Natural Anthem)" – 5:11