Rafflesia arnoldii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Rafflesia arnoldii é unha planta parasita do xénero Rafflesia, que se encontra nos bosques húmidos da Indonesia (sobre todo en Sumatra e Borneo) e nas selvas do sueste asiático, que desenvolve a flor máis grande do mundo. Foi descuberta en Sumatra en 1818 por Thomas Stamford Raffles e Joseph Arnold.

Descrición[editar | editar a fonte]

As flores poden alcanzar ata case un metro de diámetro e poden chegar a pesar ata 11 quilogramos, chegando a ser así a segunda planta máis grande do mundo. Trátase de flores carnosas de cor avermellada ou alaranxada e de cinco lóbulos que permanecen abertas entre cinco e sete días. Como acontece con outras plantas con floracións de gran tamaño, estas só se dan cada varios anos. As flores, que desprenden un forte olor fétido (similar ao da carne podre), son capaces de emitir calor. Cre que ambos os dous mecanismos lles serven para mimetizar a calor e o olor dun animal morto e atraer a atención das moscas preeiras, que son os insectos que a polinizan. A planta carece de follas, brotes e raíces (só é visible a súa flor) e polo tanto non realiza a fotosíntese. É unha planta que parasita ás árbores, crecendo sobre as súas raíces, de onde obtén os nutrientes necesarios. Os seus órganos vexetativos redúcense a unha rede de fibras celulares que se encontran maioritariamente entre os tecidos da planta hospedadora ou formando un órgano retorcido e subterráneo chamado rhizomatoide.