Raffaella Carrà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raffaella Carrà, 2008.

Raffaella Maria Roberta Pelloni, de nome artístico Raffaella Carrà, nada en Boloña o 18 de xuño de 1943, é unha cantante e presentadora italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Bellaria-Igea Marina, na provincia di Rimini. Ós 8 anos deixa a cidade, para seguir a Roma a Jia Ruskaia, fundadora da Accademia Nazionale di Danza di Roma. A súa carreira cinematográfica tivo un comezo precoz: debutou na película Tormento del Passato (1952), onde interpreta o personaxe infantil de Graziella, aparecendo nos créditos co seu verdadeiro nome: Raffaella Pelloni[1].

EN 1960, logo de diplomarse polo Centro Sperimentale di Cinematografia, fai o seu verdadeiro debut cinematográfico na película de Florestano Vancini La lunga notte del '43 e aparece na cinta de Leopoldo Trieste Il peccato degli anni verdi. Participa en diversas películas, entre elas I compagni de Mario Monicelli, xunto a Marcello Mastroianni, mentres no ano1965 roda a carón de Frank Sinatra en Il colonnello Von Ryan. Todas están aparicións pasan prácticamente indadvertidas.

Na temporada 1969-1970 chega o seu verdadeiro éxito televisivo con Io Agata e tu (con Nino Taranto e Nino Ferrer), onde a Carrà lanza un novo e moderno estilo de showgirl.

No outono do mesmo ano traballa xunto a Corrado en Canzonissima onde provoca un escándalo polo embigo descuberto mentres canta Ma che musica maestro!. Ó ano seguinte lanza o famoso Tuca tuca e canta Chissà se va. Sempre nesta temporada, lanza tamén unha canción baseada nun personaxe creado por ela mesma, "Maga Maghella", que a levará a converteerse no soño de tódolos nenos. Segue despois (en 1974) Milleluci, presentado xunto a Mina e a continuación a súa terceira "Canzonissima", presentada nesta ocasión en solitario.

Nos anos 70 dáse a coñecer en España, e o éxito das súas cancións leva a TVE a ofrecerlle un programa, La hora de Raffaella; a cantante convértese nunha estrela en España.

En 1978 presenta o programa de variedades da noite do sábado Ma che sera e en 1982 de novo con Corrado presenta Fantastico 3 con Gigi Sabani. De 1984 a 1985, esta vez en solitario, conduce Pronto, Raffaella?, programa de mediodía no que traballa por primeira vez co seu ex-compañeiro, Gianni Boncompagni (que se ocupa dda dirección e é autor xunto a Giancarlo Magalli), en competencia directa con Il pranzo è servito do se amigo Corrado, co que conducirá tamén unha edición do Telegatto ó comezo dos anos noventa. O estraordinario éxito de Pronto, Raffaella? fai que venza en 1984 o título de Personaxe televisivo feminino a nivel europeo concedido pola European TV Magazines Association.

Na temporada televisiva 1985/1986 é a presentadora de Buonasera Raffaella e na de 1986/1987 de Domenica In. En 1987 pasa a Fininvest, realizando los espectáculos Raffaella Carrà Show e Il principe azzurro que non obteñen grandes resultados de público e reducen un pouco a súa popularidade. Volve á RAI en 1989, primeiro con Raffaella venerdì sabato e domenica - Ricomincio da Due e despois con Week end con Raffaella e en 1991 conduce xunto a Johnny Dorelli Fantastico 12.

Decide despois regresar a España, onde traballa entre 1992 e 1995: primeiro dous anos na primeira canle de TVE onde conduce Hola Raffaella, premiado co TP, e A las 8 con Raffaella; posteriormente pasa a Telecinco con En casa de Raffaella. Tamén despois destes anos, TVE volveu a chamar a Raffaella paa algúns eventos coma o Fin de Ano de 1997.

En 1995 volve a Italia con Carràmba che sorpresa, o seu éxito persoal máis clamoroso: conducirá o programa durante catro edicións na franxa de prime time da noite de sábado cunha audiencia media do 30 %, ata 2002. En 2001 presenta a 51° edición do Festival de Sanremo, edición que non tería o éxito agardado, como ela mesma recoñeu.

En 2004 conduce o espazo Sogni, antecedente do programa Il treno dei desideri presentado por Antonella Clerici. Finalmente en 2006 conduce Amore, dedicado ós apadrinamentos a distancia que ten a presetnadora.

Entre os seus innumerables éxitos, ademais dos xa citados Ma che musica maestro!, Chissà se va, e Tuca Tuca, cabe lembrar Rumore, Felicità-tà, Forte forte forte, Fiesta, Tanti auguri, E salutala per me, Ballo ballo, Pedro, Fatalita', Bellissimo. O seu look foi fonte de inspiración para Renato Zero e viceversa.

O 30 novembro de 2007 sae Raffica Carra', recompilatorio de 2 CD máis 1 DVD nos que se recollen os sinxelos de Raffaella durante toda a súa carreira.

Carrà volve á televisión española TVE para unha gala especial o 8 de marzo de 2008, Salvemos Eurovisión, na que os españois, mediante televoto e sms, escolleron a canción que representaría a España na edición de 2008 do Festival de Eurovisión previsto para maio en Belgrado. Conduce además outros dous especiais en maio de 2008 sempre ligados ó Eurofestival: o primeiro, Europasión, é unha gala nostálxica con algunhas das cacnións que reprsentaron a España nos anos anteriores; o segundo, un programa con debates e críticas sobre o festival, emítese xusto no mesmo día da finalísima antes e despois do directo con Belgrado.

A pesar disto, a RAI chamouna de novo para conducir unha nova edición do exitoso Carramba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]