Rafael Mouzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rafael Xosé Mouzo Lago»)
Rafael Mouzo
Nacemento17 de decembro de 1946
Lugar de nacementoCorcubión
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e mestre
editar datos en Wikidata ]

Rafael Xosé Mouzo Lago, nado en Corcubión o 17 de decembro de 1946, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 32 anos foi elixido alcalde da vila de Corcubión por primeira vez polo Partido do Traballo de Galicia (Federación de Partido del Trabajo de España) PTE, nas primeiras eleccións democráticas despois da ditadura franquista. Nun primeiro momento empatou a 5 concelleiros coa UCD de Ramón Pais Romero, pero tendo máis votos, fronte a 1 edil de Unidade Galega. Trala anulación dos resultados electorais por parte da Audiencia Territorial, tras un recurso dos centristas, as eleccións repetíronse en outubro, sen a concorrencia de UCD, logrando 8 concelleiros fronte a 3 de Unidade Galega. Posteriormente pasou a formar parte do BNG, á fronte do cal revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1983. Nas seguintes eleccións de 1987, 1991, 1995 e 1999 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2003 foi superado polos independentes de AVIC e perdeu a alcaldía en favor deste grupo. Nas municipais de 2007, cos independentes integrados no PSdeG, recuperou a alcaldía grazas a un pacto coa única concelleira do Partido Popular no concello. Este pacto contradicía a doutrina xeral dos nacionalistas para os pactos (que esixían acordos co PSdeG, o cal o había superado en votos), e polo tanto foi formalmente suspendido de militancia no BNG,[1] aínda que na práctica[2] seguiu sinalando a pertenza a ese partido. A partir do conflito entre socialistas e nacionalistas pola presidencia da FEGAMP, o proceso de expulsión foi anulado. O 31 de marzo de 2008 presentou a súa renuncia como alcalde e concelleiro. O motivo da dimisión debeuse a "motivos persoais de saúde". O 4 de abril de 2008 fíxose efectiva a renuncia á alcaldía nun pleno extraordinario da Corporación municipal de Corcubión.

A nivel profesional desenvolveu a súa carreira como mestre de inglés de educación primaria, dando clases principalmente no colexio José Carrera de Corcubión.


Predecesor:
Ramón Pais Romero
 
Alcalde de Corcubión
 
1979 - 2003
Sucesor:
Francisco Lema Fuentes
Predecesor:
Francisco Lema Fuentes
 
Alcalde de Corcubión
 
2007 - 2008
Sucesor:
Francisco Lema Fuentes

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]