Rafa Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rafael Villar González»)
Rafa Vilar
Nacemento1968
 Cee
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e filólogo
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía galego-portuguesa
PremiosPremio de poesía Concello de Carral, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón e Premio de poesía Afundación
Na rede
AELG: 103 Dialnet: 1314798
editar datos en Wikidata ]
Rafa Vilar recitando, 2024.

Rafa Vilar González,[1][2][3] nado en Cee o 2 de abril de 1968, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi voceiro da xestora nacional da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, foi tamén un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal. É un dos membros destacados do Movemento Galego ao Socialismo.

Comeza a ser coñecido sobre o ano 1992, cando gaña con Liques da Memoria o premio Fermín Bouza Brey para autores novos. Interesado nos xeitos alternativos de edición, foi un dos primeiros autores galegos en facer edicións web da súas obras, así como de ter unha páxina persoal: Mares de Simbad onde ofrecía parte da súa obra poética xunto con artigos sobre a creación e edición literarias. Tamén participou na creación da editora dixital Retagarda Edicións, que ofrecía libros en formato de diskette.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Actores sociais, loitas reivindicativas e política popular, de Isabel Rauber, 2003, A Nosa Terra.
  • O século XXI. Socialismo ou barbarie?, de István Mészáros, 2003, A Nosa Terra.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do autor
  2. Conta en Twitter do autor
  3. O autor galeguizou o seu apelido anterior, Rafael Xesús Villar González. Pode verse na súa ficha Arquivado 20 de setembro de 2017 en Wayback Machine. na Editorial Galaxia.
  4. E, S. "Rafael Vilar gaña o premio Rosalía de Castro con ‘O sal dos días’". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-05-08. 
  5. "Rafa Villar gaña o XXI Premio de Poesía Afundación". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-10-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]