Rafael de Vega Barrera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 Zazuar, España |
Morte | 21 de outubro de 1936 (46/47 anos) Lugo, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
18 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933 ← Manuel Portela Valladares Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Lingua | Lingua castelá |
Rafael de Vega Barrera, nado en Zazuar (Burgos) en 1889 e finado en Lugo o de 21 de outubro de 1936, foi un médico e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era membro da masonaría. Traballou como cirurxián en Lugo, onde a miúdo operaba a xente humilde sen cobrar. Foi director do Hospital Municipal de Lugo, cidade na que proclamou a República desde o balcón da Casa do Concello. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Republicano Radical. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con José María Díaz Díaz-Villamil e Jacinto Calvo López. Foi detido polos militares sublevados, sufriu un simulacro de xuízo e foi fusilado na tapia do cemiterio de Lugo ás 18:00 horas do 21 de outubro de 1936 con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Ramón García Núñez.[1] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael de Vega Barrera |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Homenaxe a Rafael de Vega La Voz de Galicia, 21/10/2006 (en castelán).
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Rafael de Vega Barrera na páxina web Nomes e Voces.