Rafael Ochoa Carrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Ochoa Carrasco
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata (117/118 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
MorteFrancia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pintor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Ochoa Carrasco, nado en Vilagarcía de Arousa en 1906 e finado en Francia, foi un mestre, pintor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Rafael Ochoa Rodríguez, factor do ferrocarril no Carril. En 1910 instalouse coa familia a Pontecesures ao ser nomeado o seu pai xefe desta estación. Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Ceramista e debuxante, foi discípulo de Carlos Maside. Foi pensionado pola Deputación de Pontevedra en 1930 para estudar a cerámica española e francesa. En Pontecesures estivo á fronte da fábrica de cerámica Celta. Foi redactor da Axencia Tass de Madrid.[1] Militou no Partido Comunista. En 1933 marchou coa súa familia a Ourense, onde o seu pai fora trasladado como xefe de estación. Colaborou con deseños en La Zarpa. Foi multado con 250 pesetas por posesión dun "bastón de de barajas" en abril de 1935.[2] Alumno do grao profesional de Maxisterio en Ourense.[3] Colaborou en El Pueblo Gallego. Preso na guerra, foi internado nun campo de refuxiados en Francia. Despois instalouse en París. Morreu no exilio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-8-1932, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 18-4-1935, p. 15.
  3. Galicia, 6-10-1935, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]