Rafael Fernández Cardoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Fernández Cardoso
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Andalucía, España Editar o valor em Wikidata
Morte1951 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Fernández Cardoso, nado en Andalucía cara 1884 e finado na Arxentina en 1951, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe andaluza, chegou a Ribadeo nos anos 1920, exercendo de dentista. Masón, pertecía á loxa Lucus nº 5. Foi presidente da agrupación local do Partido Republicano, e coa chegada da República foi elixido alcalde de Ribadeo pola Alianza Republicana, en coalición co Partido Socialista o 5 de xuño de 1931.[1] Militou no Partido Republicano Radical, sendo presidente do Club Republicano Radical de Ribadeo[2] e logo da desfeita deste pasou a Unión Republicana. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi suspendido do seu cargo xunto co resto da corporación. Foi reposto no cargo (xunto co resto da corporación suspendida) polo Gobernador civil en xaneiro de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias, exiliándose despois na Arxentina.

A súa muller, Blanca Quiroga Martínez, foi procesada o 6 de agosto de 1936 por orde do Comandante Militar de Ribadeo, por "implicación en alzamento en armas contra as forzas do exército" e fuxiu con Rafael desde Cabanela.

O seu irmán Leopoldo Fernández Cardoso dirixiu o periódico El Radical del Eo.


Predecesor:
Manuel de la Barrera Rodríguez
 
Alcalde de Ribadeo
 
1931 - 1934
Sucesor:
Guillermo Pérez Pérez
Predecesor:
Guillermo Pérez Pérez
 
Alcalde de Ribadeo
 
1936
Sucesor:
Antonio Moreda Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Las Riberas del Eo, 6-6-1931, p. 6.
  2. Vida Gallega, 30-11-1931, p. 50.
  3. Las Riberas del Eo, 11-1-1936, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]