Rafael Arias-Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rafael Arias-Salgado Montalvo»)
Rafel Arias-Salgado Montalvo
Rafael Arias-Salgado
Arias-Salgado Montalvo, 1980.


Datos persoais
Nacemento 26 de xaneiro de 1942 (82 anos) Madrid, España España
Partido Actualmente:
Partido Popular
Anteriormente:
Centro Democrático y Social
Unión de Centro Democrático
Profesión Avogado

Na rede
Dialnet: 744709

Rafael Arias-Salgado Montalvo, nado o 26 de xaneiro de 1942 en Madrid, é un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do ministro franquista Gabriel Arias-Salgado, é licenciado en Dereito e foi deputado da UCD por Toledo (1977 - 1982), Ministro Adxunto para as Relacións coas Cortes (1979 - 1980), Ministro Adxunto ó Presidente (1980), Ministro da Presidencia do Goberno (1980 - 1981) e Ministro de Administración Territorial (1981 - 1982).

Tras a desfeita da UCD dedicouse á empresa privada, e foi presidente de PROSEGUR (1983 - 1985). En 1987 ingresou no CDS e nas súas ringleiras foi deputado por Madrid (1990 - 1992). En 1993 ingresou no Partido Popular co que foi Ministro de Fomento no período 1996 - 2000.

Na actualidade, é presidente do Grupo Carrefour en España.


Predecesor:
Novo cargo
 Ministro Adxunto para as Relacións coas Cortes de España 
1979 - 1980
Sucesor:
Cargo suprimido


Predecesor:
Joaquín Garrigues Walker
 Ministro adxunto ao Presidente de España 
1980
Sucesor:
Pío Cabanillas Gallas


Predecesor:
José Pedro Pérez Llorca
 Ministro da Presidencia de España 
1980 - 1981
Sucesor:
Pío Cabanillas Gallas


Predecesor:
Rodolfo Martín Villa
 
Ministro de Administración Territorial de España
 
1981 - 1982
Sucesor:
Luis Manuel Cosculluela


Predecesor:
Josep Borrell
 
Ministro de Fomento de España
 
1996 - 2000
Sucesor:
Francisco Álvarez-Cascos