Rafael Almagro Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Almagro
Información persoal
Nome Rafael Almagro Martínez
Nacemento 29 de marzo de 1945 (79 anos)
Lugar de nacemento Granada
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Granada
1968–1969 Cádiz
1969–1972 Celta de Vigo 60 (4)
1972–1974 Elche 44 (7)
1974–1975 Mallorca
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Rafael Almagro Martínez, nado en Granada o 29 de marzo de 1945, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou profesionalmente co Granada CF, porén rematando a tempada 1968/69 da Segunda División ficha polo Celta de Vigo, que co ascenso acadado buscaba reforzarse para a tempada seguinte en Primeira División, porén non puido enrolarse no equipo esa tempada ao atoparse realizando o servizo militar en Cádiz, polo que foi cedido ao equipo desa cidade.

Finalmente debuta co Celta de Vigo o 21 de setembro de 1969, e pouco despois marcaba o seu primeiro tanto.

Formou parte do equipo que rematou a competición na sexta posición e conseguiu a primeira clasificación para a Copa da UEFA da historia do club, competición na que debutou contra o Aberdeen escocés.

A tempada de debut europeo foi a última no Celta, tras so disputar sete encontros fichou polo Elche CF.

Tras lograr o ascenso a Primeira co Elche tamén competiu en Segunda División co RCD Mallorca.