Rafa Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rafael Xesús Villar González, nado en Cee o 2 de abril de 1968, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Índice

[editar] Traxectoria

É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi voceiro da xestora nacional da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, foi tamén un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal.

Comeza a ser coñecido sobre o ano 1992, cando gaña con Liques da Memoria o premio Fermín Bouza Brey para autores novos. Interesado nos xeitos alternativos de edición, foi un dos primeiros autores galegos en facer edicións web da súas obras, así como de ter unha páxina persoal: Mares de Simbad onde ofrecía parte da súa obra poética xunto con artigos sobre a creación e edición literarias. Tamén participou na creación da editora dixital Retagarda Edicións, que ofrecía libros en formato de diskette. Co seu libro Casa ou sombra gaña o Premio Cómaros Verdes do concello de Vilagarcía de Arousa. Como narrador gañou o Premio Curuxa do Humor para narracións curtas.

En 2008 gaña a XXIV edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense co poemario Migracións.

[editar] Obra publicada

[editar] Poesía

[editar] Literatura infanto-xuvenil

[editar] Obras colectivas

[editar] Traducións

  • O século XXI. Socialismo ou barbarie?, de István Mészáros, 2003, Promocións Culturais Galegas.

[editar] Premios

  • Premio de Poesía Liceo de Noia no 1989 e 1991.
  • Premio Curuxa de Humor Literario no 1991.
  • Premio Fermín Bouza Brey en 1992, por Liques da memoria.
  • Accésit do Certame de Poesía da Casa da Xuventude de Noia no 1992, polo libro inédito Á alva coas maos molhadas.
  • Premio Cómaros Verdes do concello de Vilagarcía de Arousa en 1997, por casa ou sombra.
  • Premio de poesía Concello de Carral no 1999, por Días de Sherazade.
  • Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 2006, por Escoración dos días.
  • Premio de poesía Cidade de Ourense no 2008, por Migracións.
  • Premio Arume de poesía para nenos/as da Fundación Xosé Neira Vilas no 2011, por Patente de corso (pequeno dicionario pirata).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas