Radovan Karadžić
| Radovan Karadžić | |||
|---|---|---|---|
|
Radovan Karadžić |
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 19 de xuño de 1945 | ||
| Lugar: | Petnjica, Montenegro, Iugoslavia |
||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Partido Democrático Serbio | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidente da República Serbia (1992 - 1996) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e psiquiatra | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Radovan Karadžić (serbio cirílico: Радован Караџић) (nado o 19 de xuño, 1945) é un ex político serbio, poeta, psiquiatra, acusado como criminal de guerra e xenocida polo Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia da Haia. Na actualidade existe unha petición de arresto internacional contra Karadžić seguindo a directiva 61 do TPIY - ICTY que conclúe que hai razoables motivos para crer na acusación dos crimes de guerra cometidos incluíndo entre eles o de xenocidio. O goberno dos Estados Unidos ofrece unha recompensa de $ 5 millóns para o arresto de Karadžić e de Ratko Mladić. Segundo anunciou a Presidencia Serbia a noite do luns 21 de xullo de 2008, Karadžić foi arrestado en Serbia polos servizos de seguridade do país.[1]
Índice |
Biografía[editar]
Vida temperá[editar]
Karadžić naceu en Petnjica preto de Šavnik, Montenegro, Iugoslavia. O seu pai, Vuko, zapateiro de profesión, foi membro dos Chetniks - Os restos do exército do Reino de Iugoslavia. O seu pai ingresou no cárcere cando Karadžić era aínda un cativo. Radovan Karadžić trasladouse a Saraievo, Bosnia e Herzegovina en 1960 para continuar os seus estudos en psiquiatría e traballar no Hospital de Koševo. Nesta época fixo algo de poesía e nótanse as influencias do escritor serbio Dobrica Cosic, foi el quen lle animou a dedicarse á política.
Vida política[editar]
En 1989 foi cofundador do Partido Democrático de Serbia (Srpska Demokratska Stranka) en Bosnia-Hercegovina e dende el animou a colleitar serbios dos países circundantes para a República de Serbia, sendo o seu obxectivo formar o que se denominaba a Gran Serbia. Unha unión de países formouse en 24 de outubro de 1991, co obxectivo de representar aos Serbios en Bosnia e Hercegovina. O partido político serbio que gobernaba en Bosnia e Hercegovina, liderado por Radovan Karadžic, organizou a creación das "Provincias Autónomas de Serbia" (SAOs) en Bosnia e estableceu unha asemblea para a súa representación. En novembro de 1991, os Serbios de Bosnia tiveron un referendo cuxo resultado ofrecía unha maioría absoluta en favor de permanecer nun estado en común con Serbia e Montenegro. O 9 de xaneiro de 1992 a asemblea serbia proclamou a República de Bosnia e Hercegovina Република српског народа Босне и Херцеговина / Republika srpskog naroda Bosne i Hercegovine). O 28 de febreiro de 1992, foi adoptada a constitución da República de Bosnia e Hercegovina na que declaraba que os territorios autónomos serbios, as municipalidades e as entidades étnicas serbias en Bosnia e Hercegovina eran baixo esta constitución parte do estado federal de Iugoslavia.
O 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992 celebrouse un referendo sobre a independencia de Bosnia e Hercegovina da Iugoslavia. Os serbios boicotearon o referendo mentres que os bosníacos e os croatas, que representaban un 64% do total do voto, o resultado final foi dun 98% en favor da independencia. O 6 de abril de 1992, Bosnia foi recoñecida polas Nacións Unidas como un estado independeiente. Karadžic comezou deste xeito a ser o primeiro presidente dos bosníacos na administración serbia de Pale aproximadamente o 13 de maio de 1992 tralo colapso de Iugoslavia. Á vez que asumía este novo cargo, adquiría tal e como describe a constitución da administración Serbo Bosnia o mando do exército en tempos de guerra e paz, tendo a capacidade de promocionar ou de degradar a calquera oficial do exército.
Con todo continuando coa idea dunha Gran Serbia, Karadžic non tivo dúbida de atopar apoios dentro daqueles países seguidores maioritariamente da fe Ortodoxa tales como Rusia e Grecia. En febreiro de 1994, por exemplo, contactou en segredo co goberno grego coa idea de crear unha Confederación Greco-Serbia fundamentada na coñecida amizade serbiogriega, unha idea que Miloševic xa propuxera en 1992. É acusado de ordenar a limpeza étnica de bosníacos e croatas.
Frases[editar]
- "Os serbios só teñen dous amigos: Deus, e os gregos" -Radovan Karadžic, durante un concerto en apoio dos serbios celebrado en Atenas, Grecia (1995).
- "Os de Saraievo non contarán os seus mortos. Contarán os vivos" -Radovan Karadžic nunha entrevista sobre o cerco de Saraievo, 1993
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
- República Serbia
- Partido Democrático de Serbia
- Guerra de Bosnia
- Xenocidio de Bosnia
- Masacre de Srebrenica
- International Criminal Tribunal for the Former Iugoslavia
- Ratko Mladic
- Jovan Raškovic
Ligazóns externas[editar]
- ICTY indictment
- Interpol Warrant
- Profile: Radovan Karadzic
- Finding Karadzic blog
- "Is Poetry a War Crime? Reckoning for Radovan Karadzic the Poet Warrior" by Jay Surdukowski
- "The Hague against Justice Revisited: The Case of Dr. Radovan Karadžic" by Kosta Cavoski
- Interview with Karadžic
- Another interview with Karadžic
- Detenido en Serbia Radovan Karadžić, el criminal de guerra más buscado de Europa El País.com