Radovan Karadžić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radovan Karadžić
Datos persoais
Nacemento19 de xuño de 1945
 Petnjica, Montenegro
OrganizaciónPartido Democrático Serbio
CónxuxeLjiljana Zelen Karadžić
FillosSonja Karadžić-Jovičević
Alma máterUniversidade de Sarajevo e Columbia University Vagelos College of Physicians and Surgeons
ProfesiónPolítico e psiquiatra
RelixiónCristianismo ortodoxo
Na rede
IMDB: nm0438734 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Radovan Karadžić (serbio cirílico: Радован Караџић), nado en Penjica (Montenegro) o 19 de xuño de 1945, é un expolítico serbio, poeta, psiquiatra, acusado como criminal de guerra e xenocida polo Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia da Haia. Na actualidade existe unha petición de arresto internacional contra Karadžić seguindo a directiva 61 do TPIY - ICTY que conclúe que hai razoables motivos para crer na acusación dos crimes de guerra cometidos incluíndo entre eles o de xenocidio. O goberno dos Estados Unidos ofrece unha recompensa de $ 5 millóns para o arresto de Karadžić e de Ratko Mladić. Segundo anunciou a Presidencia Serbia a noite do luns 21 de xullo de 2008, Karadžić foi arrestado en Serbia polos servizos de seguridade do país.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Karadžić naceu en Petnjica preto de Šavnik, vila daquela pertencente a Iugoslavia. O seu pai, Vuko, zapateiro de profesión, foi membro dos Chetniks, os restos do exército do Reino de Iugoslavia. O seu pai ingresou no cárcere cando Karadžić era aínda un cativo. Radovan Karadžić trasladouse a Saraxevo, Bosnia e Hercegovina en 1960 para continuar os seus estudos en psiquiatría e traballar no Hospital de Koševo. Nesta época fixo algo de poesía e nótanse as influencias do escritor serbio Dobrica Cosic, foi el quen lle animou a dedicarse á política.

Vida política[editar | editar a fonte]

En 1989 foi cofundador do Partido Democrático de Serbia (Srpska Demokratska Stranka) en Bosnia e Hercegovina e dende el animou a colleitar serbios dos países circundantes para a República Serbia, sendo o seu obxectivo formar o que se denominaba a Gran Serbia. Unha unión de países formouse en 24 de outubro de 1991, co obxectivo de representar aos Serbios en Bosnia e Hercegovina. O partido político serbio que gobernaba en Bosnia e Hercegovina, liderado por Radovan Karadžic, organizou a creación das "Provincias Autónomas de Serbia" (SAOs) en Bosnia e estableceu unha asemblea para a súa representación. En novembro de 1991, os Serbios de Bosnia tiveron un referendo cuxo resultado ofrecía unha maioría absoluta en favor de permanecer nun estado en común con Serbia e Montenegro. O 9 de xaneiro de 1992 a asemblea serbia proclamou a República de Bosnia e Hercegovina Република српског народа Босне и Херцеговина / Republika srpskog naroda Bosne i Hercegovine). O 28 de febreiro de 1992, foi adoptada a constitución da República de Bosnia e Hercegovina na que declaraba que os territorios autónomos serbios, as municipalidades e as entidades étnicas serbias en Bosnia e Hercegovina eran baixo esta constitución parte do estado federal de Iugoslavia.

O 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992 celebrouse un referendo sobre a independencia de Bosnia e Hercegovina da Iugoslavia. Os serbios boicotearon o referendo mentres que os bosníacos e os croatas, que representaban un 64% do total do voto, o resultado final foi dun 98% en favor da independencia. O 6 de abril de 1992, Bosnia foi recoñecida polas Nacións Unidas como un estado independente. Karadžic comezou deste xeito a ser o primeiro presidente dos bosníacos na administración serbia de Pale aproximadamente o 13 de maio de 1992 tralo colapso de Iugoslavia. Á vez que asumía este novo cargo, adquiría tal e como describe a constitución da administración Serbo Bosnia o mando do exército en tempos de guerra e paz, tendo a capacidade de promocionar ou de degradar a calquera oficial do exército.

Con todo continuando coa idea dunha Gran Serbia, Karadžic non tivo dúbida de atopar apoios dentro daqueles países seguidores maioritariamente da fe Ortodoxa tales como Rusia e Grecia. En febreiro de 1994, por exemplo, contactou en segredo co goberno grego coa idea de crear unha Confederación Greco-Serbia fundamentada na coñecida amizade serbiogriega, unha idea que Miloševic xa propuxera en 1992. É acusado de ordenar a limpeza étnica de bosníacos e croatas.

Frases[editar | editar a fonte]

  • "Os serbios só teñen dous amigos: Deus, e os gregos" -Radovan Karadžic, durante un concerto en apoio dos serbios celebrado en Atenas, Grecia (1995).
  • "Os de Saraxevo non contarán os seus mortos. Contarán os vivos" -Radovan Karadžic nunha entrevista sobre o cerco de Saraxevo, 1993

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O criminal de guerra Radovan Karadzic, arrestado en Serbia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]