Radomo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radomo, suma das palabras radar e domo (cúpula), é o recubrimento dun radar ou antena co fin de protexela da intemperie pero sen que afecte ás súas propiedades electromagnéticas, permitindo pasar as ondas de radio á perfección.
A cuberta pódese construír con diversas formas (esférica, cúpula xeodésica, etc.). E en función da utilización da antena o material de construción tamén pode variar (fibra de vidro, PTFE, etc.). Nos avións e aeronaves, os radomos ademais de ofrecer protección reducen a resistencia aerodinámica.