Radiometría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A radiometría é a ciencia que se ocupa do estudo da medida da radiación electromagnética. O seu campo abrangue todas as lonxitudes de onda do espectro electromagnético (frecuencias entre 3×1011 e 3×1016 Hz ou lonxitudes de onda de entre 0,01 e 1000 micrómetros), en contraste coa fotometría, que só se ocupa da parte visible do espectro, a que dá percibido o ollo humano.

A radiometría é importante en astronomía, especialmente na radioastronomía e en xeofísica. A medida cuantitativa da intensidade da radiación faise por medio de diferentes tipos de detectores que converten parte da radiación en calor ou nun sinal eléctrico, con termopares o fotodiodos.


Unidades[editar | editar a fonte]

Unidades do SI utilizadas en radiometría
Magnitude física Símbolo Unidade do SI Abreviatura Notas
Enerxía radiante Q joule J Enerxía
Fluxo radiante Φ watt W Enerxía radiada por unidade de tempo. Potencia.
Intensidade radiante I watt por estereorradián W·sr−1 Potencia por unidade de ángulo sólido
Radiancia L watt por estereorradián por metro cadrado W·sr−1·m−2 Potencia. Fluxo radiante emitido por unidade de superficie e por ángulo sólido
Irradiancia E watt por metro cadrado W·m−2 Potencia incidente por unidade de superficie
Emitancia radiante M watt por metro cadrado W·m−2 Potencia emitida por unidade de superficie da fonte radiante
Radiancia espectral Lλ

ou
Lν

watt por estereorradián por metro cúbico ou

watt por estereorradián por metro cadrado por hertz
W·sr−1·m−3

ou


W·sr−1·m−2·Hz−1
Intensidade de enerxía radiada por unidade de superficie, lonxitude de onda e ángulo sólido. Habitualmente medida en W·sr−1·m−2·nm−1
Irradiancia espectral Eλ

ou
Eν

watt por metro cúbico ou

watt por metro cadrado por hertz

W·m−3

ou
W·m−2·Hz−1

Habitualmente medida en W·m−2·nm−1