Radio Galega Música

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radio Galega Música
Logo
Tipoemisora de radio
Data de fundación17 de maio de 2004
PaísGalicia
Na rede
Webcast
https://www.crtvg.es/rg
editar datos en Wikidata ]

Radio Galega Música é unha emisora pública galega integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia que comezou a emitir o 3 de marzo de 2004[1] por FM, DAB e internet.

Características[editar | editar a fonte]

Emite en formato radiofórmula, aínda que na súa programación tamén teñen cabida as clases para adultos e de galego, así como programas de divulgación musical, como o clásico Lume na palleira.

Desde a mudanza da súa dirección en 2009,[2] a presenza na emisora de grupos e cantantes en lingua galega foise reducindo,[3] ocupando en 2021 menos dun terzo do tempo emitido.[4] Este feito envolveu a emisora na polémica,[5] ao considerar algúns grupos políticos que non se están a cumprir o artigo terceiro dos propios estatutos da CRTVG.[6]

Imaxe corporativa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia da Radio Galega-Historia-CRTVG
  2. "Feijoo designa a Sánchez Izquierdo para la CRTVG sin consenso político". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-05-21. Consultado o 2023-03-25. 
  3. "Desconcierto alerta da desaparición da programación de RG Música". Praza Pública. 2013-01-22. Consultado o 2023-03-25. 
  4. Perez, Samuel (2021-12-29). "A música en galego só ocupará o 30% na Radio Galega Música". Neofalantes. Consultado o 2023-03-25. 
  5. Diario, Nós (2021-12-28). "Radio Galega Música limita a 30% os temas musicais en galego". Nós Diario. Consultado o 2023-03-25. 
  6. "Estatutos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A." (PDF). 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]