Raccord

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A continuidade ou raccord fai referencia á relación existente entre os diferentes planos dunha filmación, co fin de que non rompan no receptor ou espectador a ilusión de secuencia. Cada plano ha de ter relación co anterior e servires de base para o seguinte.

Tipos de continuidade[editar | editar a fonte]

  1. A continuidade no espazo: Liñas virtuais, dirección das personaxes e dos seus xestos e ollares.
  2. A continuidade no vestiario e no escenario: Xa que como as películas non se gravan seguindo o guión secuencial, hai que asegurarse de que o vestiario das personaxes e a súa contorna non mudan sen razón.
  3. A continuidade na iluminación: Que no haxa cambios repentinos de tonalidade dentro dun mesmo espazo e secuencia.
  4. A continuidade de interpretación: Tamén é moi importante que os actores e actrices coiden a continuidade, non só espacial (a dirección á que se dirixen etc.) senón da súa interpretación. Deben coidar factores coma o ton de voz e a expresividade para que resulte natural en cada cambio de plano.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.