RaboDirect PRO12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Pro12 é unha liga profesional de rugby na que compiten 4 equipos de Irlanda, 2 de Escocia, 4 de Gales, e dende o 2010 tamén 2 de Italia. A liga foi creada en 2001 con 15 equipos (9 deles galeses), chegou a contar con 16 equipos, e actualmente conta con 12. A Pro12 é unha das tres grandes ligas profesionais de Europa, xunto coa Aviva Premiership inglesa e a francesa Top 14. Actualmente está en curso a tempada 2012/13.

Características[editar | editar a fonte]

Formato[editar | editar a fonte]

Orixinalmente foi coñecida como Celtic League (irlandés: An tSraith Cheilteach) (galés: Y Gynghrair Geltaidd).

Ata a edición 2008-09 o campión de liga determinábase só polos encontros disputados en liga, segundo a clasificación da liga regular, mais dende a tempada 2009-10 está implantado o formato de play-off polo título, que disputan os 4 primeiros equipos da tempada regular. A final xógase no estadio elexido polo equipo finalista mellor clasificado na táboa.

A tempada da Pro12 ten lugar de setembro a maio, xogándose 22 xornadas en total a dúas voltas (cada equipo xoga contra outro na casa e fóra). Os partidos da Pro12 evitan os tradicionais partidos invernais de novembro e durante o Seis Nacións de rugby. As unións irlandesas, escocesas e galesas de rugby empregan esta liga coma a única competición que determina a clasificación para as competicións europeas (Heineken Cup e European Challenge Cup). Os dous equipos italianos van cada ano á Heineken Cup, e os que disputan a European Challenge Cup son os 4 primeiros da liga italiana Campionato de Eccellenza.

É importante salientar que os equipos da Pro12 gañaron en 5 ocasións a Heineken Cup, máxima competición continental, o que demostra a competitividade deste torneo a nivel internacional.

Ampliación[editar | editar a fonte]

Durante anos mantivéronse conversas intermitentes con Italia e Sudáfrica sobre a posible expansión da liga a eses países. Unha Rainbow Cup que involucrase a equipos sudafricanos e italianos xunto cos célticos foi anunciada en 2005, mais tralos trocos nos membros da South African Rugby Union, a idea foi abandonada sen ter sequera comezado a competición.

O London Welsh expresou tamén no pasado o seu interese en unirse á liga se fose degradado en Inglaterra. Ademais a Scottish Rugby Union expresou en 2007 o seu interese en establecer un club escocés en Londres, que xogase coma o terceiro equipo escocés da liga.

O 19 de Decembro de 2008, a FIR anunciaba a presenza de dous equipos italianos na competición, o Aironi Rugby e o Praetorians Roma para o comezo da tempada 2010-11.

Os Praetorians terián a súa base en Roma e xogarián no Stadio Flaminio da capital italiana, onde xoga a seleción nacional, e o Aironi tería a súa base en Viadana mais xogariá algúns partidos na cidade de Reggio Emilia. Ó final o proxecto romano non se puido levar a cabo, e no seu sitio foi convidado o exitoso equipo do Benetton Treviso, que aceptou.

Denominacións[editar | editar a fonte]

Equipos na tempada 2011–12[editar | editar a fonte]













Equipos en edicións anteriores[editar | editar a fonte]

Equipo Anos Estadio e capacidade Cidade/Area
Flag of Italy.svg Aironi Rugby 2010-2012 Stadio Luigi Zaffanella, 5.500 Viadana, Italia
Flag of Scotland.svg Border Reivers 2002–2007 Netherdale, 6.000 Galashiels, Escocia
Flag of Wales.svg Celtic Warriors 2003–2004 Brewery Field, 6.000 e Sardis Road, 8.000 Bridgend e Pontypridd, Gales
Flag of Wales.svg Bridgend RFC 2001–2003 Brewery Field, 6.000 Bridgend, Gales
Flag of Wales.svg Caerphilly RFC 2001–2003 Virginia Park, 0.000 Caerphilly, Gales
Flag of Wales.svg Cardiff RFC 2001–2003 Cardiff Arms Park, 12.500 Cardiff, Gales
Flag of Wales.svg Ebbw Vale RFC 2001–2003 Eugene Cross Park, 8.000 Ebbw Vale, Gales
Flag of Wales.svg Llanelli RFC 2001–2003 Stradey Park, 10.800 Llanelli, Gales
Flag of Wales.svg Neath RFC 2001–2003 The Gnoll, 6.000 Neath, Gales
Flag of Wales.svg Newport RFC 2001–2003 Rodney Parade, 11.676 Newport, Gales
Flag of Wales.svg Pontypridd RFC 2001–2003 Sardis Road, 7.800 Pontypridd, Gales
Flag of Wales.svg Swansea RFC 2001–2003 St.Helen's Park, 4.500 Swansea, Gales

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Escocia Gales Irlanda Italia RaboDirect PRO12 — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Irlanda Ulster 81 22 17 1 4 8 3
Irlanda Leinster 78 22 17 0 5 9 1
Escocia Glasgow 76 22 16 0 6 9 3
Gales Scarlets 66 22 15 0 7 3 3
Gales Ospreys 62 22 14 1 7 2 2
Irlanda Munster 54 22 11 1 10 4 4
Italia Treviso 50 22 10 2 10 4 2
Irlanda Connacht 38 22 8 1 13 1 3
Gales Cardiff 38 22 8 0 14 1 5
10º Escocia Edinburgh 36 22 7 0 15 1 7
11º Gales Newport 28 22 6 0 16 1 3
12º Italia Zebre 10 22 0 0 22 1 9

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
Na liga celta non hai descensos.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Dende o nacemento do campionato a principal referencia son os equipos irlandeses de Munster e Leinster, e o equipo galés de Ospreys. Outros equipos que acadaron bos resultados son Scarlets, Ulster, Cardiff e Edinburgh, aínda que os equipos escoceses (e os italianos) polo xeral son mais febles que os irlandeses e galeses.

Celtic League / Magners League / Rabodirect PRO12
Tempada Equipos CAMPIÓN Subcampión
2012-13 12 Irlanda Leinster Irlanda Ulster
2011-12 12 Flag of Wales.svg Ospreys Irlanda Leinster
2010-11 12 Irlanda Munster Irlanda Leinster
2009-10 10 Flag of Wales.svg Ospreys Irlanda Leinster
2008-09 10 Irlanda Munster Flag of Scotland.svg Edinburgh
2007-08 10 Irlanda Leinster Flag of Wales.svg Cardiff
2006-07 11 Flag of Wales.svg Ospreys Flag of Wales.svg Cardiff
2005-06 11 Irlanda Ulster Irlanda Leinster
2004-05 11 Flag of Wales.svg Ospreys Irlanda Munster
2003-04 12 Flag of Wales.svg Scarlets Irlanda Ulster
2002-03 16 Irlanda Munster Flag of Wales.svg Neath
2001-02 15 Irlanda Leinster Irlanda Munster

A Celtic Cup foi un torneo que tivo 2 anos de vida.

Celtic Cup
Tempada Equipos Campión Finalista
2004–05 8 Irlanda Munster Flag of Wales.svg Scarlets
2003–04 12 Irlanda Ulster Flag of Scotland.svg Edinburgh
Por número de títulos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]