Ra patilonga
A ra patilonga[1] (Rana iberica) é unha pequena ra vermella, pertencente ao grupo Rana temporaria, que habita o norte de Portugal, Galicia, a cordilleira Cantábrica e o Sistema Central ibérico, nos seus sectores occidentais e centrais.
É unha ra de montaña, cuxo hábitat natural son os regatos, pozas de auga fría sobre sustrato rochoso e entre vexetación de ribeira. Captura sobre todo presas terrestres, principalmente insectos, vermes e arañas.
Mide entre 30 e 60 mm. Trátase dunha ra máis pequena que a común, distínguese perfectamente polo anteface que ten xunto do ollo, o tímpano máis pequeno que a ra verde e o ton que é tirando á cor das follas secas. O seu fociño é afiado e os seus ollos, grandes e saíntes, son amarelos.
A súa reprodución comeza no mes de marzo. A cópula ten lugar pola noite, nos remansos dos ríos e en pequenas represas das acequias de regadío, onde logo van depositar entre 200 a 450 ovos. Os cágados, que teñen o ventre negro con lunares brancos transparentando o paquete intestinal, rematarán a súa metamorfose entre os meses de xuño e setembro, despois de aproximadamente tres meses.
Poden chegar a vivir entre 5 e 6 anos.
[editar] Referencias
- ↑ Tamén chamada Zampexa, Ra dos regos, Ra dos vals e Ran roxa.