Raúl Dans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raúl Dans Mayor, nado na Coruña en 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe.

Índice

[editar] Traxectoria

Inicia a súa andadura como escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi guionista de programas de ficción, integrándose na Compañía Luís Seoane, onde actuou en montaxes escritas e dirixidas por Manuel Lourenzo. É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90. As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galiza -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así como, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. A súa obra non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.

No 2010 gañou o Premio Álvaro Cunqueiro pola obra Chegamos despois a unha terra gris.

Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos: Pratos combinados, A vida por diante, A miña sogra e mais eu, Terra de Miranda, As leis de Celavella, etc. Traballa tamén como actor de dobraxe.

[editar] Obras

  • A chamada.
  • Algunhas preguntas sobre o teatro en Galicia hoxe.
  • Confesións dun practicante.
  • Water look (1990).
  • Matalobos (1993, premio Rafael Dieste).
  • Lugar (1994, premio Álvaro Cunqueiro).
  • Cita co diaño. O paso (1995).
  • O paso (1997).
  • Derrota (1997, premio Born de Teatre ex aequo).
  • Estrema (1998, finalista do premio Rafael Dieste).
  • Manifesto do Teatro Galego (1998).
  • Mantis (A misión).
  • Nachtmahr (2008).

[editar] Obras editadas

[editar] Teatro

[editar] Ensaio

  • Confesións dun practicante, 2004, Tris Tram.

[editar] Obras colectivas

  • I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2007, Xerais.

[editar] Premios

  • Premio Rafal Dieste no 1993, por Matalobos.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1994, por Lugar.
  • Premio ex-aequo no XXII Premi Born de Teatre no 1997, por Derrota.
  • Finalista do Premio Rafael Dieste no 1998, por Estrema.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2010, por Chegamos despois a unha terra gris.

[editar] Curtametraxes

  • Ondada
  • O proceso
  • Exterior-día

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas