Raúl Alberto Lastiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raúl Alberto Lastiri
Raúl Alberto Lastiri
Presidente de Arxentina
Período: 13 de xullo - 12 de outubro de 1973
Antecesor: Héctor José Cámpora
Sucesor: Juan Domingo Perón
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 1915
Lugar: Buenos Aires, Arxentina
Falecemento: 1978
Lugar: Buenos Aires, Arxentina
Organización: Partido Justicialista - PJ
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe:
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: administrador público e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Raúl Alberto Lastiri, nado en 1915 e finado en 1978, foi administrador público e político chegando a presidente da Arxentina entre o 13 de xullo e o 12 de outubro de 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presidiu brevemente a Nación tras a renuncia ao seu cargo de Héctor José Cámpora e do vicepresidente Vicente Solano en 1973. Nese momento, por influencia do Ministro López Rega, considerou conveniente interfirir o dispositivo constitucional de sucesión presidencial, para o cal se mando ao vicepresidente provisional do Senado, Díaz Bialet (segundo na liña sucesoria), a unha viaxe a Europa cun obxectivo incerto. Deste xeito, o terceiro na liña constitucional, é dicir, o presidente da Cámara de Deputados, Raúl Lastiri, puido asumir provisionalmente a presidencia e convocar a novas eleccións onde entregou o mando a Juan Domingo Perón, electo para o seu terceiro mandato.

Durante o breve goberno de Lastriri -que fora escolleito deputado polo partido Fronte Xusticialista de Liberación arxentino, pese a pertencer á á conservadora do xusticialismo- produxo un xiro á dereita no goberno peronista; Lastiri era parente e seguidor do célebre ideólogo da Alianza Anticomunista Arxentina José López Rega, a quen Perón seleccionara como ministro do Benestar Social para o goberno de Cámpora.

Alberto Juan Vignes, tamén afín ás ideas de López Rega, emprazou a Juan Carlos Puig en Relacións Exteriores e Benito Llambí a Esteban Righi, considerado afín a Monteneros como ministro de Interior.

A política exterior seguiu un perfil do terceiro mundo. En agosto de 1973, Arxentina concedeu a Cuba un préstamo de 200 millóns de dólares para adquirir maquinarias e automóbiles. José Ber Gelbard, temén confirmado como ministro de Economía, continuou coa súa política anterior, nacionalizando os depósitos bancarios e anunciando un Plan Trienal de desenrolo.

Lastiri detivo as medidas de amnistía e pacificación dos presos políticos do réxime de Lanusse que tomara Cámpora con amplio apoio popular, co que cara o final do seu mandato empeoraron as accións de Montoneros e do Exército Revolucionario do Pobo de Arxentina.

O 25 de setembro de 1973, o secretario xeral da CGT, Confederación Xeral do Traballo, José Ignacio Rucci foi asasinado; aínda que na primeira instancia negaron a autoría, finalmente descubreuse a implicación dos membros de Montoneros nos feitos. Ese mesmo mes, o ERP asaltaba o Comando de Sanidade do Exército no barrio de Parque Patricios da Cidade Autónoma de Buenos Aires, cun saldo dun morto, o que se utilizou para xustificar a súa ilegalización e a clausura do diario El Mundo.

Acusouse a Lastiri de ter vínculos coa loxia masónica P2 de Licio Gelli.

Presidente de Arxentina

Segue a:
Héctor José Cámpora
Raúl Alberto Lastiri
Precede a:
Juan Domingo Perón
Partido Justicialista - PJ

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]