Rañaceos
Rañaceos é a denominación popular de edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e de unha forma xeral presentando formatos de torre. Estes edificios normalmente posúen carácter multifuncional, sendo capaces de abrigar establecementos residenciais, comerciais, de servizos, entre outros. A súa presenza no espazo urbano, cando destacada por riba da altura media dos demais edificios, constitúese en xeral como unha referencia ou marco para a cidade, aínda que tamén poida xerar problemas varios ligados á mobilidade urbana, consumo de enerxía e seguridade.
Índice |
Historia [editar]
Ao longo da historia da arquitectura, con excepción de monumentos como obeliscos e columnas, encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da Revolución Industrial, os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.
Até mediados do século XIX, a altura máxima encontrada nas grandes cidades capitalistas era de uns cinco andares. Unha das razóns era debida ás escadas, pois ninguén se dispuña a subir até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en cachotería, canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o formigón armado e a estrutura en ferro (e máis tarde en aceiro) xa posibilitaban a construción de edificios altos: o inconveniente das escadas, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.
En 1852, a invención do ascensor por Elijah Otis eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en 1885 foi construído en Chicago o que está considerado como o primeiro rañaceos, o Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney.
Na década de 1920, unha conxunción de factores — novas técnicas de construción, materiais máis resistentes e a invención dos elevadores — deu lugar aos rañaceos. A novidade cambiou as formas de consumo, de facer comercio e, principalmente, da morada dos habitantes das metrópoles. Cabe notar tamén que a produción arquitectónica ligada á Escola de Chicago, influenciada e esixida polas necesidades do capitalismo naquela cidade, e a arquitectos como Louis Sullivan posuíu tamén un papel de difundir as novas tipoloxías urbanas entre outras cidades no mundo. O rañaceos pasaría a caracterizarse como símbolo do progreso industrial nas grandes cidades do mundo desenvolvido: a cidade de Nova York viviu nas dúas décadas seguintes unha carreira entre emprendedores en busca da construción do edificio mais alto. Como froito deste fenómeno, xurdiron edificios que hoxe son considerados símbolos daquela cidade, como o Empire State Building, o Chrysler Building e máis tarde o Rockfeller Center.
Os 51 edificios máis altos da actualidade [editar]
Rañaceos por cidades [editar]
América [editar]
España [editar]
Galiza [editar]