RTÉ National Symphony Orchestra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A RTÉ National Symphony Orchestra.

A RTÉ National Symphony Orchestra (en galego Orquestra Sinfónica Nacional da RTÉ), anteriormente coñecida como The National Symphony Orchestra of Ireland e RTÉ Symphony Orchestra (Orquestra Sinfónica Nacional de Irlanda e Orquestra Sinfónica da RTÉ), é unha orquestra sinfónica fundada en 1948 e con sede na cidade de Dublín (Irlanda). Como un dos RTÉ Performing Groups, a RTÉ National Symphony Orchestra actualmente ofrece unha tempada de 33 concertos (nas noites dos venres de Setembro a Maio e retransmitidos en directo pola RTÉ lyric fm). Dende o 2005, a orquestra ofrece o programa The Symphony Sessions na canle RTÉ One. A orquestra participa na tempada lírica de Dublín e no festival de Wexford.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]