ROSAT
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|
|---|---|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | |
| Organización | NASA/DARA[1] |
| Data de lanzamento | 1 de xuño de 1990[2][3][4] |
| Foguete portador | Delta II 6920-8[3][1][5] |
| Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[3][6] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X.[3][6] |
| Decaemento | 23 de outubro de 2011[2] |
| NSSDC ID | 1990-049A |
| Masa | 2421,1 kg[3] |
| Potencia | 905 vatios[3] |
ROSAT (acrónimo do alemán Roentgen Satellit) foi un observatorio espacial colaboración de Alemaña, Estados Unidos e Reino Unido, lanzado o 1 de xuño de 1990 mediante un foguete Delta II 6920-8 desde Cabo Cañaveral.[3][1][5]
Índice |
Características [editar]
ROSAT adicouse á observación astronómica no rango de lonxitudes de onda dos raios X. Estaba estabilizado nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 1 minuto de arco cunha estabilidade de 5 segundos de arco por segundo ou mellor. A orientación acadábase mediante dous sensores estelares CCD.[3][1]
A duración inicial da misión era de 18 meses, pero extendeuse varias veces.[3][1] ROSAT finalmente reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 2011.[2]
Instrumentos [editar]
- X-ray Telescope (XRT): o telescopio de raios X en si, un telescopio de incidencia rasante composto por catro telescopios tipo Wolter anidados cunha apertura de 84 cm e 240 cm de lonxitude focal, cunha resolución de 5 segundos de arco a enerxías medias. Traballaba no rango de enerxías entre 0,1 e 2 keV e alimentaba a tres instrumentos situados no plano focal: dous contadores proporcionais de orixen alemaña e unha cámara de alta resolución proporcionada polos Estados Unidos.
- Telescopio para o ultravioleta extremo: telescopio proporcionado polo Reino Unido coaliñado co XRT e que traballaba no rango de enerxías entre 0,042 e 0,21 keV.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "ROSAT" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/rosat.htm. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "ROSAT" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=20638. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "ROSAT" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1990-049A. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ (PDF) Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 4 de febreiro de 1980. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1387.
- ↑ 5,0 5,1 "Delta 6920-8" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/del69208.htm. Consultado o 26 de xuño de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 "ROSAT" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/rosat.htm. Consultado o 4 de febreiro de 2012.