RJ-45
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O RJ45 é unha interface física comunmente usada para conectar redes de cableado estruturado, (categorías 4, 5, 5e e 6). RJ é un acrónimo inglés de Registered Jack que á súa vez é parte do Código Federal de Regulacións de Estados Unidos. Posúe oito 'pins' ou conexións eléctricas, que normalmente se usan coma estremos de cables de par trenzado.
Adoita utilizarse con estándares como EIA/TIA-568B, que define a disposición dos pins ou wiring pinout.
Para que todos os cables funcionen en calquera rede, séguese un estándar á hora de facer as conexións. Os dous estremos do cable levan un conector RJ45 coas cores na orde indicada na figura.
[editar] Cable plano
| Pin Nº | Estremo 1 | Estremo 2 |
|---|---|---|
| 1 | ||
| 2 | ||
| 3 | ||
| 4 | ||
| 5 | ||
| 6 | ||
| 7 | ||
| 8 |
[editar] Cable cruzado
Se só se queren conectar 2 computadoras, existe a posibilidade de colocar a orde das cores de tal maneira que non sexa necesaria a presenza dun hub. É o que se coñece como un cable cruzado.
Hoxe en día a maioría de hubs ou switches soportan cables cruzados para conectar entre sí. Para algunhas tarxetas de rede é indiferente que se lles conecte un cable cruzado ou plano, elas mesmas configúranse para poder utilizalo PC-PC ou PC-Hub/switch.
| Pin Nº | Estremo 1 | Estremo 2 |
|---|---|---|
| 1 | ||
| 2 | ||
| 3 | ||
| 4 | ||
| 5 | ||
| 6 | ||
| 7 | ||
| 8 |
Unha aplicación común é o uso en cables de rede Ethernet, onde se usan 8 pins (4 pares).
Outras aplicacións inclúen terminacións de teléfonos (4 pines ou 2 pares), outros servizos de rede como RDSI e T1 e incluso RS232.es.RJ-45