REC (filme)
| REC | |
|---|---|
| Título orixinal | REC |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Jaume Balagueró Paco Plaza |
| Produtor | Julio Fernández |
| Guión | Jaume Balagueró Luis A. Berdejo Paco Plaza |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Manuela Velasco Ferrán Terraza Jorge-Yamam Serrano Pablo Rosso David Vert Vicente Gil Martha Carbonell Carlos Vicente María Teresa Ortega Manuel Bronchud Akemi Goto Chen Min Kao Maria Lanau Claudia Silva Javier Botet Ben Temple Carlos Lasarte |
| Música | |
| Fotografía | Pablo Rosso |
| Montaxe | David Gallart |
| Estudio | |
| Distribuidor | Fox Searchlight Pictures |
| Ano | 2007 |
| Duración | 78 minutos |
| País | España |
| Xénero | Terror |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | REC 2 |
| Ficha en IMDb | |
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror co-escrito e co-dirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007.
Índice |
Argumento [editar]
Cada noite, Ángela (Manuela Velasco), unha xove reporteira dunha televisión local, segue co seu cámara a un grupo profesional distinto. Esta noite tócalle entrevistar ós bombeiros e ten a segreda esperanza de poder ollar en directo un incendio. Pero a noite transcorre placidamente. Nestas, reciben a chamada dunha anciá que se quedou pechada na súa casa, e non lle queda outra que seguilos durante a misión de rescate. No edificio onde vive a anciá, os veciños están moi asustados. A muller, encerrada no seu piso, lanza uns berros arrepiantes. Os bombeiros botan abaixo a porta e, seguidos por Ángela e o cámara, atopan á muller sen coñecemento, rodeada polos seus gatos. De súpeto, a muller lánzase sobre un bombeiro e trábao salvaxemente no pescozo. É só o comezo dun longo pesadelo e dunha dramática reportaxe única no mundo: cando os bombeiros se levan ó ferido, descobren que a única saída do edificio está bloqueada por orde das autoridades: o edificio foi posto en corentena e parece que un estraño virus se propaga no seu interior.
Personaxes [editar]
- Manuela Velasco como Ángela Vidal
- Ferrán Terraza como Manu
- Jorge-Yaman Serrano como Policía xove
- Pablo Rosso como Pablo
- David Vert como Álex
- Vicente Gil como Policía máis vello
- Martha Carbonell como Señora Izquierdo
- Carlos Vicente como Guillem Marimón
- María Teresa Ortega como Avoa
- Manuel Bronchud como Avó
- Akemi Goto como Muller xaponesa
- Chen Min Kao como Home xaponés
- María Lanau como Mari Carmen, nai de Jennifer
- Claudia Silva como Jennifer
- Carlos Lasarte como César
- Javier Botet como Tristana Medeiros
- Ben Temple como Doutor
- Ana Velasquez como Rapaza colombiana
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2007: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellor director, mellor actriz (Manuela Velasco), Premio do Público.
- 2007: 2 Premios Goya: mellor actriz revelación (Manuela Velasco), mellor montaxe. Nomeada ós mellores efectos especiais.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)