Eiruga (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rúcula")
A planta Eruca vesicaria tamén recibe o nome vulgar de eiruga.
Eiruga (planta)
Eruca sativa 1 IP0206101.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: 'Eruca'
Especie: ''E. sativa''
Nome binomial
''Eruca sativa''
Mill.

A eiruga[1] (Eruca sativa), tamén coñecida como mostaza persa, é unha verdura da mesma familia que a mostaza, Brassicaceae, e orixinaria do Mediterráneo e de Asia Occidental. Adáptase a climas frescos, nin quentes nin fríos.

Usos[editar | editar a fonte]

Posúe un sabor moi forte, picante e amargo. É moi utilizada en Italia. En Galiza o seu uso non é tradicional, mais comeza a popularizarse en ensaladas e pizzas.

Preparada crúa, en ensaladas, ou refogada, é utilizada como complemento das comidas debido ao seu forte sabor, capaz de eliminar o sabor doutros alimentos.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Con propiedades estimulantes do apetito, é nutricionalmente rica en proteínas, vitaminas A e C, e sales minerais, principalmente calcio e ferro. Contén tamén omega 3 e é pobre en calorías.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eiruga Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]