Rózsa Péter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRózsa Péter

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Péter Rózsa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Politzer Rózsa Editar o valor em Wikidata
17 de febreiro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Budapest (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 20. körönd-4. fülke Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (1923–1927) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, subject didactics (en) Traducir, lóxica e teoría de conxuntos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , profesora universitaria , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Eötvös Loránd (1955–1975)
Budapesti Tanítóképző Főiskola (en) Traducir (1945–1955) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua húngara e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMichael Makkai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Tumba de Rózsa Péter, en Budapest.

Rósa Politzer, nada o 17 de febreiro de 1905 e finada o 16 de febreiro de 1977, máis coñecida como Rózsa Péter, foi unha matemática húngara e a principal contribuidora ao desenvolvemento da Teoría de Funcións Especiais Recursivas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rózsa Politzer naceu en Budapest, capital de Hungría e por entón tamén capital do Imperio Austrohúngaro. Nos anos 30 do século XX, cambiou o seu apelido de orixe xudía alemá polo de Péter.[2]

Nun primeiro momento matriculouse para estudar química, na Universidade Eötvös Loránd de Budapest, seguindo a vontade do seu pai, o avogado húngaro Gustav Politzar. Mais moi pronto descubriu que a súa vocación eran as matemáticas, polo que cambiou a orientación dos seus estudos, polo que conseguiu a súa titulación en matemáticas no ano 1927.

O seu interese en matemáticas foi causado por asistir, mentres estudaba química, ás conferencias do matemático Fejér. Arquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Outra persoa que influíu moito en Rózsa foi o seu compañeiro de estudos na Universidade Eötvös Loránd, László Kalmár.

Comezou a publicar artigos das súas investigacións e en 1935 doutorouse e comezou a colaborar en diversas revistas especializadas, formando parte dos seus consellos editoriais.

En 1936 presentou un relatorio titulado "Über Funktionen rekursive der zweite Stufe" no Congreso Internacional de Matemáticos en Oslo.

Cando estalou a segunda guerra mundial estivo confinada nun gueto de Budapest, o cal non lle impediu continuar cos seus traballos, chegando mesmo a imprimir un libro titulado como “Xogando co Infinito: exploracións e excursións matemáticas”, que consistía nunha reflexión sobre temas matemáticos da xeometría, a lóxica e a teoría dos números, orientada ao gran público.

Durante este período de tempo a súa fonte de supervivencia foron as clases particulares que daba e ensinando en niveis non universitarios até o final da guerra. En 1945 conseguiu entrar a traballar na Pedagógiai Förskola de Budapest. O seu irmán e moitos dos seus amigos morreron durante a guerra. En 1955, ao producirse o peche da Pedagógiai Förskola, pasou a traballar como profesora na mesma universidade na que estudara, a Universidade Eötvös Loránd, onde traballou até a súa xubilación en 1975.

Morreu de cancro a véspera do seu aniversario en 1977.

Achegas ás matemáticas[editar | editar a fonte]

O seu primeiro tema de investigación foi a Teoría de números, mais desanimouse ao ver que os devanditos resultados xa foran probados por Dickson Arquivado 22 de marzo de 2017 en Wayback Machine., o que fixo que durante un tempo se afastase das matemáticas, mais, a mediados de 1930 o seu compañeiro de estudos, Kalmár animouna a examinar o traballo de Kurt Gödel, cuxo traballo estaba incompleto. Foi a partir desta experiencia cando Rózsa deu lugar aos fundamentos da Teoría de Funcións Recursivas.

En 1932 presentou no Congreso Internacional de Matemáticas en Zúric, o seu artigo sobre Funcións Recursivas, e nese momento aínda utilizaba o apelido Politzer.

En 1943 publicou o libro "Playing with Infinity", de cuxos exemplares se perderon a maioría polos bombardeos, polo que a súa distribución non se realizou até finalizada a guerra.[3]

Mentres Stephen Kleene, doutra banda, desenvolveu a teoría xeral das funcións recursivas (incluíndo as parciais) baseándose nos textos de Godel. Péter, en 1951, recolleu ese coñecemento e, xunto ao seu propio traballo, publicou o libro Rekursive Funcionen (Funcións Recursivas), traducido ao inglés en 1967, que foi o primeiro libro que tocou este tema. Posteriormente o libro chegaríase a converter nunha referencia estándar. En 1952 Kleene definiu a Rósa Péter como a principal contribuidora á Teoría de Funcións Especiais Recursivas.

A mediados dos anos 50, Péter aplicou a teoría de función recursiva ás computadoras. En 1959 presentou no Simposio Internacional de Varsovia o documento "Über die Verallgemeinerung der Theorie der rekursiven Funktionen für abstrakte Mengen geeigneter Struktur del als Definitionsbereiche".

En 1976 o seu último libro Funcións Recursivas en Teoría de Computación trataba este tema das funcións recursivas aplicadas na teoría da computación, aínda que non chegou a traducirse ao inglés até 1981.

Ademais dos seus estudos matemáticos, Rózsa Péter estaba moi interesada na pedagoxía das matemáticas, tratando de mellorar a educación matemática do seu país de orixe, Hungría, escribiu libros de texto escolares e tratou de mellorar os plans de estudos.

Premios e recoñecemento[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio Kossuth concedido polo Goberno de Hungría en 1951. O Premio Manou Beke, concedido pola Sociedade Matemática Janos Bolyai, en 1953. En 1970 recibiu o Premio Estatal de prata e en 1973 o Premio Estatal de ouro. Foi elixida membro da Academia de Ciencias de Hungría en 1973, co que se converteu na primeira muller en formar parte da Academia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Edie Morris, Leon Harkleroad: Rozsa Peter: recursive function theory’s founding mother, Mathematical Intelligencer 1990, Nr. 1, 59–64

Outros artigos[editar | editar a fonte]