Río de Covés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Río de Covés é un río galego, afluente do Eume pola súa banda esquerda. Flúe en dirección sur-norte e ten unha lonxitude aproximada duns dous quilómetros.

As súas fontes localízanse nos altos do lugar de Covés na parroquia de Andrade. Logo de deixar Covés baña as parroquias de Nogueirosa e Vilar, actuando en moitos tramos do seu percorrido como fronteira de ambas parroquias. No seu curso medio recibe pola dereita as augas do Rego da Graña que nace nos altos de Cabría Nova.

Desemboca no esteiro do río Eume, precisamente no lugar de Esteiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Cartografía[editar | editar a fonte]

  • Mapa Topográfico Nacional de España. Escala 1:25.000, folla 22-III.