Río Seille
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Seille | |
|
Vista do río Seille ao seu paso por Vic-sur-Seille. |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Estanque de Lindre |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 118 |
| Caudal medio | 9,77 |
| Conca | 12.914 |
| Desembocadura | Río Mosela |
O río Seille é un afluente pola dereita do río Mosela, co que conflúe en Metz.
A súa fonte sitúase no estanque de Lindre, do departamento francés de Mosela. Rega as terras deste departamento e máis as do Meurthe facendo nun tramo de lindeiro entre ámbolos dous.
A súa conca ten unha superficie total duns 12.914 quilómetros cadrados e posúe unha lonxitude de 118 quilómetros.
É un río de augas preguiceiras, lento, vagaroso, de xenerosas enchentes aproveitadas para uso agrícola.
Tentouse facer navegábel nos séculos XVIII e XIX, pero nunca se chegou a bo porto en ningún dos séculos.