Río Seile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Seile
Ponte da estrada sobre o río Shiel
PaísEscocia Escocia
Nacementolago Seile
Lonxitude4 km
Desembocaduraría de Mùideart

O río Seile (en inglés Shiel) é un río do oeste de Escocia, de moi curta lonxitude, e que drena ao mar o lago Seile.

Características[editar | editar a fonte]

O río mide unicamente 4 km de longo dende o seu nacemento no extremo suroccidental do lago Seile ata a súa desembocadura na ribeira sur ría de Mùideart, formada polo río Mùideart. Ten unha traxectoria de sueste a noroeste, practicamente sen desnivel, e unha zona de baixos areosos na súa parte final.

As súas ribeiras están escasamente poboadas con casas illadas nos lugares de Sielfoot, Acharacle ou Moss. Na súa desembocadura atópase o castelo de Tioram, que controlaba o acceso ao lago Seile.

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

É un río dedicado á pesca, onde se apañan sen morte o salmón e a troita na súa variedade migratoria. Na metade do seu curso existe unha zona de lecer para os paseos e a pesca.