Río Rubicón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Río Rubicón | |
|---|---|
Curso do Rubicón en mapa |
|
| Nacemento: | Strigara |
| Altitude da fonte: | 250 msnm |
| Lonxitude: | 29 km |
| Caudal medio: | |
| Conca: | |
| País: | Italia |
| Desemboca: | Mar Adriático |
O Rubicón ( en italiano Rubicone, en latín Rubico) é un riacho de réxime torrencial que corre pola Italia septentrional, e que desauga no mar Adriático, logo dun curso de algo máis de 29 km.
Índice |
[editar] Percorrido
Nace nos Apeninos, en Strigara, nas proximidades de Forli, flúe pola provincia de Forlì-Cesena. Na altura de Savignano sul Rubicone é atravesado pola via Emilia. Desemboca no mar Adriático, logo de case 30 km de percorrido.
[editar] Nome
Parece que o seu nome deriva da cor das augas que, ao atravesaren territorio arxiloso, collen cor vermella ou rubia.
[editar] Historia
O río tivo importancia porque a lei romana prohibía a calquer xeneral cruzalo con un exército. Era considerado o límite entre a província romana da Galia Cisalpina (Gallia Cisalpina) e a Umbría e, en consecuencia, a fronteira septentrional de Itàlia. Con a prohibición a lei tentaba protexer a república romana dunha ameaza militar interna. Ao estalar a guerra civil entre Caio Xulio César e Cneo Pompeio Magno, a Galia Cisalpina quedou sob control de Cesar, e polo tanto con o Rubicón como límite. Ao cruzar César o río, de feito estalou a guerra (49 a.C.). O feito sucedeu o 10 de xaneiro, e supuxo quebrantar a lei. Na beira das augas, César meditou se atravesaría o cauce do Rubicón e marcharía sobre Rímini, segundo relatan Suetonio, Plutarco e máis Lucano. "Cruzar o Rubicón" tornouse un modo proverbial de dicer que se comeza algo novo e difícil, e que se rompe con o pasado. Segundo Suetonio, Xulio César pronunciou unha frase "a sorte está botada!", en latín alea jacta est!, que se soe usar no idioma orixinal, para signficar o mesmo. Suetonio també descrebeu a indecisión de Cèsar consonte se achegaba ao río, que o autor atribúe ao feito dunha aparición sobrenatural.
[editar] Confusións
Ten habido dúbidas sobre a identificación do Rubicón actual e o antigo. As principais tendencias tenden a identificalo, con outro riacho próximo, denominado hoxe Pisciatello. Ambos ríos teñan a súa fonte no mesmo monte, descenden por vales paralelos e unen ao final os seus cursos, en Gatteo-Mare, pouco antes de desembocar no mar.