Río Pa Sak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pa Sak
Pa Sak River bridge in Ayuttaya.JPG
O Pa Sak ao leste da cidade vella de Ayuttaya
País Tailandia
Rexión n/d
Nacemento Dan Sai (Loei)
Altitude n/d
Lonxitude 513 km
Caudal medio 73 m3/s
Conca 16.291 km²
Desembocadura Río Chao Phraya, na illa de Ayutthaya
Mapa.

O río Pa Sak (en tailandés: แม่น้ำ ป่า สัก) é un río do centro de Tailandia. Nace no Amphoe de Dan Sai, provincia Loei, e pasa a través da provincia Phetchabun como columna vertebral da mesma. Logo atravesa a parte oriental da provincia Lopburi e a de Saraburi, até que se une co río Lopburi ao nordeste da illa de Ayutthaya, para logo xuntarse co Chao Phraya no sueste. Posúe unha lonxitude de 513 km e drena unha cunca de 16.291 km², transportando 2,4 km³ de agua ao ano.

O val do Pa Sak a través das montañas Phetchabun é a área principal da provincia Phetchabun. A cunca do río é bastante estreita e a cantidade de auga discorre de maneira substancialmente diferente segundo a estación do ano. Para evitar problemas na época seca, na parte baixa do val Pa Sak construíuse en 1994 a presa de Pasak Jolasit (เขื่อน ป่า สัก ชล สิทธิ์) na provincia de Lopburi. O pantano resultante ten 4.860 metros de ancho e 31,5 m de alto, cunha capacidade de embalse total de 0,785 km³. Ademais da xestión da agua para irrigación e subministro humano, a presa produce 6,7 MW de enerxía hidroeléctrica.

Os principais afluentes son: Lopburi, Muak Lek, Phung, Pa Daeng, Kong, Sonthi, Wang Chomphu, Na, Chun, Duk, Khon Kaen, Yai, Saduang Yai, Ban Bong, Tarang e Phaya Klang.