Río Olt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Olt
Olt East Karpatien.jpg
O río Olt e ao fondo os montes Cárpatos
País Romanía Romanía
Rexión n/d
Nacemento Montañas de Hăşmaşu Mare (montes Cárpatos)
Altitude n/d
Lonxitude 615 km
Caudal medio 174 /s
Conca 24.050 km²
Desembocadura Río Danubio
Mapa do río Olt
Localización do río Olt

O río Olt (en romanés e en húngaro; alemán: Alt; latín: Aluta ou Alutus) é un río de Romanía, un afluente da marxe esquerda do río Danubio. A súa lonxitude total é de 615 km e drena unha cunca hidrográfica de 24.050 km².

O río atravesa os distritos romaneses de Harghita, Covasna, Braşov, Sibiu, Vâlcea e Olt.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Olt en Turnu Roşu.
O río Olt ao seu paso pola cidade de Slatina, Romanía.

Nace nas ladeiras das montañas de Hăşmaşu Mare dos montes Cárpatos Orientais. Flúe en dirección oeste, posteriormente vira para o sur, despois atravesa transversalmente a cordilleira dos Alpes de Transilvania e desemboca no río Danubio, preto de Turnu Măgurele (30.187 hab. en 2002[1]).

Este río era coñecido na antigüidade romanesa como Alutus ou Aluta. O distrito de Olt e a provincia histórica de Oltenia, teñen o seu nome debido ao río.

Nas súas ribeiras encóntranse as cidades de Bălan (7.902 hab.), Sândominic (6.401 hab.), Miercurea-Ciuc (42.029 hab.), Sfântu Gheorghe (61.543 hab.), Făgăraş (40.126 hab.), Brezoi (6.859 hab.), Călimăneşti (8.923 hab.), Râmnicu Vâlcea (107.726 hab.), Drăgăşani (22.499 hab.), Slatina (79.171 hab.) e Drăgăneşti-Olt (12.195 hab.).

O río ten moitísimos afluentes, aínda que ningún deles de grande importancia, salvo o río Oltet, no seu curso baixo, con 186 km de lonxitude e unha cunca de 2.474 km².

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Todos os habitantes das ciudades romanesas que se citan neste artigo corresponden ao censo do ano 2002.
Val do Olt, obra de Carol Popp de Szathmary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Olt