Río Noguera Ribagorzana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Río Noguera Ribagorçana»)
Río Noguera Ribagorzana
PaísEspaña
NacementoBarranco de Mulleres (Lleida)
Lonxitude133 km
Conca2.045,6 km²
Caudal medio21,7 m³/s
DesembocaduraRío Segre
O río Noguera Ribagorzana no encoro de Cavallers

O Noguera Ribagorzana (en catalán: Noguera Ribagorçana) é un río de España, do nordés da Península Ibérica, que nace nos Pireneos e é afluente do río Segre, á súa vez afluente do río Ebro. O seu curso transcorre polas provincias de Lleida e Huesca.

Nace no val de Barravés, no Val de Arán, e desemboca no Segre no municipio de Corbins (Lleida). Hai no seu percorrido tres encoros: Escales, Canelles e Santa Anna, que producen enerxía hidroeléctrica e dan auga aos canles de Pinyana e ao de Cataluña e Aragón.

Durante a maior parte do seu percorrido fai de fronteira entre as comunidades de Cataluña e Aragón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]