Río Mahanadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Mahanadi
PaísIndia
NacementoRaipur
Lonxitude885 km
DesembocaduraOcéano Índico
Localización do Mahanadi
O río Mahanadi en Orissa

O Mahanadi é un río da India oriental cun curso de 885 km, que desauga no golfo de Bengala, no océano Índico.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Mahanadi nace nas terras altas de Raipur, cerca da cidade de Nagri, no suroeste do estado de Chhattisgarh. Desde aí flúe cara nordeste, incurvándose logo para o sur, e desde Raigarh toma xa en dirección leste, até desembocar moi preto do nacente da cidade de Cuttack, no estado de Orissa, botando as súas augas no golfo de Bengala, formando co río Brahmani un xigantesco delta onde se forma un grande mangleiral.

Conca[editar | editar a fonte]

O Mahanadi baña xunto co estado de Chhattisgarh, unha boa área de Orissa, así como partes menores dos estados de Maharashtra e Jharkhand.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os seus tributarios principais podemos citar, pola esquerda, o Seonath que nace nos montes Maikal, o Hasdo e o Mand na zona setentrional de Chhattisgarh; no tramo final o Brahmani. Pola dereita o Ib no centro do estado de Orissa, e máis o Tel.

Aproveitamento económico[editar | editar a fonte]

No noroeste da cidade de Sambalpur, nos límites entre os estados de Orissa e Chhattisgarh, ergueuse na década de 1950 o encoro de Hirakud, que listo xa en 1957 creou un enorme lago artificial de 746 km².

O curso medio do Mahanadi é un auténtico "país do arroz".