Río Lugomir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Lugomir (serbio cirílico: Лугомир) é un río da Serbia central, de 57 km de longo, tributario pola dereita do río Velika Morava.

Orixe[editar | editar a fonte]

O Lugomir ten a súa orixe en dous cursos de auga, o Dulenska reka e o Županjevačka reka.

O Županjevačka reka é o máis curto, orixínase na cordal de Gledićke, no sur da rexión de Šumadija, o seu nacemento está só a uns 500 m de distancia da fonte do outro curso que dá lugar ao Lugomir, o Dulenska Reka. O río flúe primeiro cara o leste, próximo ás aldeas de Nadrlje, Županjevac, Dragovo e Belušić. Neste punto, o Županjevačka Reka acada o monte Juhor montaña e vira cara o norte seguindo a pendente occidental do Juhor, tras pasar a aldea de Beočić únese ao Dulenska Reka.

O Dulenska reka é o máis longo, 37,5 km, tamén ten a súa orixe nas montañas de Gledićke, concretamente a 793 m no monte Gomila pero flúe cara ao norte. Na aldea de Dulene o río pasa por un encoro, construído con carácter temporal en 1964 pero que aínda está en funcionamento, que crea o lago artificial de Dulene. Despois xira cara ao leste e recibe o Pčelička reka pola esquerda na localidade de Velike Pčelice e atravesa a vila de Rekovac onde o río cira cara ao sur. Nas aldeas de Tečić, Vukmanovac e Loćika, o Dulenska Reka forma un pequeno arco e xira cara ao norte no val estreito sobre a aba occidental do Juhor, axuntándose co Županjevačka reka na localidade de Dragoševac.

Lugomir[editar | editar a fonte]

O Lugomir propio ten 19,5 km de longo. O río segue a dirección nordeste do Dulenska reka, ao longo da cara oeste dao Juhor, e entra na rexión de Pomoravlje. Pasa polas aldeas de Kolare, Bresje e Majur e pola periferia sur da cidade de Jagodina, despois atravésao a autoestrada Belgrado - Niš, e finalmente verte as súas augas no Gran Morava preto da aldea de Ribari.

O Lugomir drena unha área de 447 km²